
A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza os vindeiros unha actividade para fomentar o empoderamento feminino pola vía tecnolóxica. Trátase do obradoiro Cara á independencia dixital. Perdéndolle o medo á tecnoloxía [3], unha acción formativa dirixida a 10 mulleres en situación de vulnerabilidade que se impartirá de forma gratuíta en abril no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A actividade conta con financiamento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
A área que dirixe Tania García organiza esta actividade ao detectar “un número importante de casos de mulleres que, por descoñecemento, tempo de dedicación ou inseguridade, tenden a delegar nas súas parellas ou fillos a realización de trámites online de todo tipo”, sinala a edil, engadindo que este caso dáse tanto á hora de relacionárense coas administracións como ao facer actividades cotiás como unha compra electrónica. O obxectivo deste curso é proporcionarlles a información práctica básica para “que saiban desenvolverse coa tecnoloxía en aspectos que están á orde do día”. O obradoiro consta de 8 sesións de 2 horas de duración cada unha, que se impartirán no centro de Matosinhos os días 6, 8, 12,13, 15, 19, 20 y 22 de abril en horario de 10 a 12 horas. Tras unha breve introdución aos conceptos básicos, explicaráselles aspectos como o certificado dixital e outros sistemas de acceso ás sedes electrónicas e, de forma práctica, amosaráselles como facer trámites ante a Seguridade Social, o Ministerio de Xustiza, o Concello ou a Axencia Tributaria. Tamén se abordarán temas como o uso seguro das redes sociais e incluso se introducirán temas de corte transversais.
A edil explicou que ademais de atoparse en situación de vulnerabilidade, tamén son requisitos para participar no obradoiro teren coñecemento do uso do correo electrónico e dispor dun teléfono intelixente ou smartphone co que traballar.
As interesadas deben cubrir o formulario que poden descargar do taboleiro de anuncios do portal municipal [4], da sede electrónica [5] ou obter directamente na Área de Igualdade do Concello. Unha vez cuberto deben presentalo no rexistro xeral, na propia concellería ou a través da sede electrónica.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11199.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=11625
[4] http://www.vilagarcia.gal/
[5] http://sede.vilagarcia.gal/