Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

O Concello de Santiago convoca á rapazada galega para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 09/02/21 (07:57)

Este xoves, 11 de febreiro celebrarase unha xornada de divulgación para os colexios e institutos de Galicia, co fin de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento será ás 12.00 horas vía streaming e contará con máis de 3.000 alumnos e alumnas.

A acción está promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit e está destinada a alentar ós estudantes de entre 9 e 16 anos con información e referentes para seguir a súa formación no ámbito da ramas científica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática, polas súas siglas en inglés). Cabe mencionar que este día tamén é importante para asumir o compromiso e poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas. De feito, o evento combinará as testemuñas e presentacións de mulleres científicas galegas relevantes no eido das STEM, con divertidos experimentos científicos. O prazo de inscrición para participar na iniciativa continúa aberto. A xornada será emitida de forma simultánea para todos os centros de ensinanza galegos que realicen o rexistro a través da web de Talentia.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal