
Este xoves, 11 de febreiro celebrarase unha xornada de divulgación para os colexios e institutos de Galicia, co fin de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento será ás 12.00 horas vía streaming e contará con máis de 3.000 alumnos e alumnas.
A acción está promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit e está destinada a alentar ós estudantes de entre 9 e 16 anos con información e referentes para seguir a súa formación no ámbito da ramas científica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática, polas súas siglas en inglés). Cabe mencionar que este día tamén é importante para asumir o compromiso e poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas. De feito, o evento combinará as testemuñas e presentacións de mulleres científicas galegas relevantes no eido das STEM, con divertidos experimentos científicos. O prazo de inscrición para participar na iniciativa continúa aberto. A xornada será emitida de forma simultánea para todos os centros de ensinanza galegos que realicen o rexistro a través da web de Talentia [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11124.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] mailto:https://www.talentiasummit.com/