Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Pantallazo da web.

A Cátedra Feminismos 4.0 estrea un espazo web para impulsar a nova cultura dixital feminista

Versión para impresiónSend by email
Pontevedra, 04/11/20 (12:12)

A Cátedra Feminismos 4.0, creada pola Deputación de Pontevedra e a UVigo para favorecer a investigación e o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de mulleres, ilustrando sobre as importantes contribucións das nosas tecnólogas, estreou un espazo web de seu para fomentar “a nova cultura dixital feminista”.

O portal, presentado polo reitor, Manuel Reigosa, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañados pola directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Águeda Gómez, achega información sobre proxectos de investigación, estudos, convocatorias, bolsas, premios e toda a información relacionada co Feminismo 4.0.

A web, que xa está accesible, xorde abeirada a unha cátedra que foi posta en marcha o curso pasado e renovada no mes de xullo e que “pretende promover o impulso de actividades de investigación e innovación feminista, moi particularmente, dando prioridade ao que ten que ver co estudo das carreiras STEM (polas siglas en inglés de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), onde as mulleres estamos infrarrepresentadas”, explicaba a presidenta da Deputación. Ambas institucións amosáronse “preocupadas porque a matrícula de mozas” neste tipo de estudos segue descendendo, “cando son eidos claves no mundo actual e van ser indiscutiblemente prioritarios no futuro”. Tamén lembraron que dende a Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo estanse a desenvolver propostas que teñen por obxectivo fomentar a presenza feminina neste tipo estudos, como os premios GirlGeekCovid, que ofrecen un premio de 2.000€ e un accésit de 1.000€ en cada unha das ramas de ciencias e enxeñaría e para os que xa se presentaron 14 traballos (11 de enxeñeiras e tres de ciencias). Por outra banda, recordaron a posta en marcha da segunda edición das axudas de investigación en cuestións relacionadas coa igualdade, na que se seleccionaron seis proxectos. A presidenta tamén lembrou que se está a traballar na creación dun comité de sabias, “porque habelas hainas” e na segunda edición do Workshop: sociedade dixital e xénero, Hackeando o patriarcado.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal