A Rede Eusumo vai organizar entre o 3 e o 24 de setembro unha nova edición (a undécima) do seu obradoiro Impulsa o teu negocio co marketing dixital. Achegarase en formato de teleformación, en liña, e terá unha duración de 20 horas. O obxectivo é facilitar novos métodos e recursos de mercadotecnia nas redes e comunicación ás empresas de economía social.
Vai dirixido sobre todo a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e integrantes do noso tecido produtivo con vertente máis solidaria. A inscrición, que é de balde, pode facerse até o 2 de setembro, enchendo un formulario habilitado na web de Eusumo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
Rexístrate como: