
A Rede Eusumo vai organizar entre o 3 e o 24 de setembro unha nova edición (a undécima) do seu obradoiro Impulsa o teu negocio co marketing dixital. Achegarase en formato de teleformación, en liña, e terá unha duración de 20 horas. O obxectivo é facilitar novos métodos e recursos de mercadotecnia nas redes e comunicación ás empresas de economía social.
Vai dirixido sobre todo a grupos promotores, persoas interesadas en emprender e integrantes do noso tecido produtivo con vertente máis solidaria. A inscrición, que é de balde, pode facerse até o 2 de setembro, enchendo un formulario habilitado na web de Eusumo [3].
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10804.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.eusumo.gal/nova-edicion-impulsa-o-teu-negocio-co-marketing-dixital-ed-xi