Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Un centro de coñecemento impulsará e difundirá o impacto positivo da RSE nas pemes a través de internet


  • Trátase dun proxecto enmarcado na Rede transrexional de impulso da Responsabilidade Social Empresarial (RSE), liderado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

  • Esta web pretende converterse tamén nun centro de información e un elemento de difusión sobre o estado da RSE nas rexións participantes no proxecto: Galicia, Navarra, Tenerife e Vale do Minho, a nivel nacional e internacional

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/06/13 (09:37)

O Centro de Coñecemento e Difusión da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) encargarase de impulsar e difundir o impacto positivo desta materia nas empresas e, especialmente, nas pemes, a través da páxina web http://www.netrse.org. Trátase dun proxecto enmarcado na Rede transrexional de impulso da RSE, liderado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.


Esta web pretende converterse nun centro de información para a difusión de coñecemento e sensibilización das pemes, un punto de encontro para o fomento e a participación dando protagonismo a pequenas empresas con interese nesta materia e un elemento de difusión sobre o estado da RSE nas rexións participantes no proxecto: Galicia, Navarra, Tenerife e Vale do Minho, a nivel nacional e internacional.


Así mesmo persegue crear e formalizar unha rede de empresas, co apoio das administracións, para a posta en común de experiencias, metodoloxías e ferramentas neste eido; recompilar puntos de vista e información das pemes para identificar necesidades e recursos de RSE, así como axudas e servizos de asesoramento; e ser un referente na difusión e transferencia de boas prácticas nas súas tres dimensións: económica, social e ambiental.


Esta iniciativa forma parte dun numeroso conxunto de actuacións no marco do proxecto, que inclúe iniciativas como a celebración de círculos de traballo co protagonismo das pemes para a obtención do seu punto de vista sobre as dificultades para implantar iniciativas e as bondades das mesmas; realización de estudos e informes sobre o estado da RSE nestas pequenas e medianas empresas; ou o deseño de novas ferramentas para a sensibilización e medición do impacto positivo da Responsabilidade Social Empresarial.


Así mesmo, tamén contempla a definición e deseño de novas opcións de promoción y fomento da RSE desde as distintas administracións; o deseño de programas formativos para potenciar a difusión e afondar no coñecemento; a creación dun Banco de experiencias na materia fomentando o contacto e transferencia de coñecemento entre as pemes; e a celebración dun Foro sobre a RSE co obxectivo de obter conclusións que permitan formular novas tendencias e iniciativas.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal