Hoxe luns, 16 de decembro, PlayStation presentará aos medios de comunicación na sede de Autismo España o videoxogo Treasure Rangers, un divertido xogo de plataformas e aventuras no que unha cuadrilla de amigos deberá resolver, cada un coas súas destrezas, diferentes quebracabezas e misterios.
O xogador poñerase na pel de cada un dos protagonistas, en función do tipo de quebracabezas ou obstáculo: Lucy, a intelixente e deportista líder do grupo; Eric, un mozo con poderes relacionados coas plantas e a natureza; Roxy, unha inconformista de corazón rebelde e Randy, un mozo con autismo ao que lle encantan a música e os videoxogos e que demostrará que tamén é fundamental para superar as aventuras da simpática cuadrilla.
Treasure Rangers foi desenvolvido polo estudo vasco RELEVO e forma parte do programa PlayStation®Alianzas, unha área que engloba os proxectos desenvolvidos por estudos nacionais xa consolidados e que, en moitas ocasións, ven a luz tanto dentro como fóra das nosas fronteiras grazas ao apoio da compañía.
O evento de presentación a medios contará coa presenza de Amparo Rey, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de Autismo España; Jon Cortázar, director do estudo desarrollador RELEVO, e Roberto Yeste, director de Comunicación de SIE Iberia e responsable do programa PS Talents.
Treasure Rangers sairá mañá martes 17 de decembro, aínda que os asistentes poderán probar o xogo en primicia tras a presentación de hoxe.
Pódese ver o tráiler do videoxogo nesta ligazón de Youtube.
Rexístrate como: