
Hoxe luns, 16 de decembro, PlayStation [3] presentará aos medios de comunicación na sede de Autismo España [4] o videoxogo Treasure Rangers, un divertido xogo de plataformas e aventuras no que unha cuadrilla de amigos deberá resolver, cada un coas súas destrezas, diferentes quebracabezas e misterios.
O xogador poñerase na pel de cada un dos protagonistas, en función do tipo de quebracabezas ou obstáculo: Lucy, a intelixente e deportista líder do grupo; Eric, un mozo con poderes relacionados coas plantas e a natureza; Roxy, unha inconformista de corazón rebelde e Randy, un mozo con autismo ao que lle encantan a música e os videoxogos e que demostrará que tamén é fundamental para superar as aventuras da simpática cuadrilla.
Treasure Rangers foi desenvolvido polo estudo vasco RELEVO e forma parte do programa PlayStation®Alianzas, unha área que engloba os proxectos desenvolvidos por estudos nacionais xa consolidados e que, en moitas ocasións, ven a luz tanto dentro como fóra das nosas fronteiras grazas ao apoio da compañía.
O evento de presentación a medios contará coa presenza de Amparo Rey, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de Autismo España; Jon Cortázar, director do estudo desarrollador RELEVO, e Roberto Yeste, director de Comunicación de SIE Iberia e responsable do programa PS Talents.
Treasure Rangers sairá mañá martes 17 de decembro, aínda que os asistentes poderán probar o xogo en primicia tras a presentación de hoxe.
Pódese ver o tráiler do videoxogo nesta ligazón de Youtube [5].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10442.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.playstation.com/es-es/
[4] http://www.autismo.org.es/
[5] https://www.youtube.com/watch?v=M1dZf16RbPg&feature=youtu.be&utm_source=BBDD_Medios+de+Comunicaci%C3%B3n&utm_campaign=7024748e43-EMAIL_CAMPAIGN_2018_01_15_COPY_01&utm_medium=email&utm_term=0_af08415bd8-7024748e43-172564557