Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Curso Fundación Universia

Fundación Universia presenta o curso de Deseño de Materiais Educativos Virtuais Accesibles

 



  • Fundación Universia aposta polo acceso ao coñecemento en igualdade de oportunidades, utilizando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

  • O curso ofrecerase de forma permanente e gratuíta online.

  • Nace co obxectivo de xerar contidos accesibles que garantan a autonomía e a aprendizaxe dos alumnos con discapacidade. 
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/05/13 (09:51)

Fundación Universia lanza o curso "Deseño de materiais educativos accesibles" que se ofrecerá de forma permanente e gratuíta online. A finalidade desta formación é fomentar e facilitar a aprendizaxe necesaria para deseñar e desenvolver un curso virtual ou material docente online cumprindo cos criterios de accesibilidade e deseño para todos.


Este programa, desenvolvido por CADMO Coñecemento, nace co obxectivo de xerar dende un principio, contidos accesibles que garantan a autonomía e a aprendizaxe dos alumnos con discapacidade.


A Fundación presenta esta formación, ante a crecente demanda nas universidades de dispoñer no seu ámbito online de información, material docente e de consulta, así como todo tipo de actividade formativa que cumpra con garantías de accesibilidade baixo os principios de inclusión dixital educativa. 


Solucións e-learning


Os obxectivos do curso que se pon a disposición da sociedade en xeral son:



  • Comprender os conceptos esenciais sobre accesibilidade.

  • Elaborar materiais educativos que respondan aos criterios de accesibilidade estándar.

  • Transformar materiais educativos non accesibles en materiais educativos accesibles mediante programas de Microsoft Office.

  • Comprobar a accesibilidade dos materiais educativos a través de diferentes programas de testeo automático.

A estrutura dos contidos do curso componse do desenvolvemento de contidos, exercicios e actividades prácticas, resumo e unha proba final de coñecemento. Todos estes apartados presentan unha misión contextualizadora, de sensibilización, formativa, práctica, de reforzo e avaliadora, dos coñecementos asimilados.


O programa de formación conta, ademais, cunha serie de elementos que reforzan a aprendizaxe: a Biblioteca, que inclúe documentos de ampliación do coñecemento; o Glosario, cos termos e conceptos clave, que axudará ao alumno a comprender e ampliar os contidos e, por último, a Axuda, onde se describe o uso do material didáctico multimedia e dos elementos que o conforman, orientado a mellorar a aprendizaxe.


Cabe destacar tamén a inclusión dun catálogo de plantillas para a elaboración de materiais educativos accesibles, que o participante do curso poderá descargar.


Pódese acceder ao curso a través da web de Fundación Universia www.fundacionuniversia.net ou na páxina web de forma directa. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Universia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal