Fundación Universia [3]lanza o curso "Deseño de materiais educativos accesibles" que se ofrecerá de forma permanente e gratuíta online. A finalidade desta formación é fomentar e facilitar a aprendizaxe necesaria para deseñar e desenvolver un curso virtual [4]ou material docente online cumprindo cos criterios de accesibilidade e deseño para todos.
Este programa, desenvolvido por CADMO Coñecemento, nace co obxectivo de xerar dende un principio, contidos accesibles que garantan a autonomía e a aprendizaxe dos alumnos con discapacidade.
A Fundación presenta esta formación, ante a crecente demanda nas universidades de dispoñer no seu ámbito online de información, material docente e de consulta, así como todo tipo de actividade formativa que cumpra con garantías de accesibilidade baixo os principios de inclusión dixital educativa.
Solucións e-learning
Os obxectivos do curso que se pon a disposición da sociedade en xeral son:
A estrutura dos contidos do curso componse do desenvolvemento de contidos, exercicios e actividades prácticas, resumo e unha proba final de coñecemento. Todos estes apartados presentan unha misión contextualizadora, de sensibilización, formativa, práctica, de reforzo e avaliadora, dos coñecementos asimilados.
O programa de formación conta, ademais, cunha serie de elementos que reforzan a aprendizaxe: a Biblioteca, que inclúe documentos de ampliación do coñecemento; o Glosario, cos termos e conceptos clave, que axudará ao alumno a comprender e ampliar os contidos e, por último, a Axuda, onde se describe o uso do material didáctico multimedia e dos elementos que o conforman, orientado a mellorar a aprendizaxe.
Cabe destacar tamén a inclusión dun catálogo de plantillas para a elaboración de materiais educativos accesibles, que o participante do curso poderá descargar.
Pódese acceder ao curso a través da web de Fundación Universia www.fundacionuniversia.net [5] ou na páxina web [6]de forma directa.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130530_CursoFundacionUniversia_1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fundacionuniversia.net/
[4] http://noticias.universia.es/en-portada/noticia/2012/09/18/966853/maestros-4-consejos-crear-cursos-online.html
[5] http://www.fundacionuniversia.net
[6] http://fundacionuniversia.e-cadmo.com/