Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tres mulleres de costas sentadas nun banco mirando fotografías nunha parede.

Chega o sexto congreso TADEGa coas súas propostas tecnolóxicas galegas a prol da diversidade funcional

Versión para impresiónSend by email
A Coruña, 19/11/19 (08:17)

A Asociación TADEGa e Coruña Dixital (a fronte común do Concello e as comunidades locais de desenvolvemento e divulgación tecnolóxica), van celebrar esta semana unha das grandes actividades da tempada en materia de TIC e accesibilidade, dous conceptos (as tecnoloxías e a accesibilidade) que, segundo sinalan as súas entidades organizadoras, deberan camiñar sempre xuntos.

O sexto congreso TADEGa, que se desenvolve o 22 e o 23 de novembro, é un foro de referencia de profesionais (principalmente da nosa terra) da educación, co foco na tecnoloxía e a atención á diversidade, en aspectos como a diversidade funcional (discapacidade), a multiculturalidade, o mundo do maior, o do rural, o ámbito das altas capacidades ou a marxinalidade social.

O congreso, que terá a súa sede na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, artéllase en dezaseis obradoiros que se desenvolven de maneira simultánea e nos que as persoas participantes traballarán en función dos seus intereses, que serán comunicados á organización uns días antes do evento. As actividades (que podemos consultar ao detalle en formato PDF) comezarán o venres 22 ás 17.00 horas, coa benvida e a inauguración e, posteriormente, o comezo do primeiro dos obradoiros. Estes son: 

  • A Inclusión na lexislación e documentos de centro e de aula (a cargo de Laura Adela Fernández Blanco, de Equipolaura.es), 
  • Autofabricantes. Coñecemento aberto para a autonomía e a calidade de vida (Christian Pérez, de Autofabricantes.org), 
  • Adaptacións para a lectura (Patricia Pena), 
  • Avaliación, instrumentos de avaliación en NEAE dende unha perspectiva inclusiva (Ilusiona-t.es), 
  • Coas mans na masa (Fátima García, Discapacitodos), 
  • Drones na aula (Nuno Troitiño, de Nunotecnoloxias.weebly.com), 
  • Espazo compartido (Sonia Seijas, udc.gal), 
  • Espazo de boas prácticas (taller aberto á presentación de comunicacións), 
  • Gamifica a túa aula (Erica Ordóñez, de Lavozeducativa.com), 
  • Impresión 3D e diversidade funcional (Paz Freire e Felo Couto, Paztecnoloxia.wixsite.com), 
  • Monta o teu Escornabot (Pablo Rumba, Pablorubma.cc), 
  • Novidades ACCEGAL: TalkAACtive (Francisco de Arriba e Silvia García, de Accegal.org), 
  • Obradoiro de E-textiles (Paola Guimeráns, Paolaguimerans.com), 
  • Programación Arduino con Echidna (Xabier Sosas, de Echidna.es), 
  • Proxecto STEAM Cidade Intelixente (María Nimo, de Dismedia.com) e 
  • Vídeo signado en lingua de signos e Croma (a cargo de Xacobo de Toro).
Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal