
A Asociación TADEGa e Coruña Dixital (a fronte común do Concello e as comunidades locais de desenvolvemento e divulgación tecnolóxica), van celebrar esta semana unha das grandes actividades da tempada en materia de TIC e accesibilidade, dous conceptos (as tecnoloxías e a accesibilidade) que, segundo sinalan as súas entidades organizadoras, deberan camiñar sempre xuntos.
O sexto congreso TADEGa, que se desenvolve o 22 e o 23 de novembro [3], é un foro de referencia de profesionais (principalmente da nosa terra) da educación, co foco na tecnoloxía e a atención á diversidade, en aspectos como a diversidade funcional (discapacidade), a multiculturalidade, o mundo do maior, o do rural, o ámbito das altas capacidades ou a marxinalidade social.
O congreso, que terá a súa sede na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, artéllase en dezaseis obradoiros que se desenvolven de maneira simultánea e nos que as persoas participantes traballarán en función dos seus intereses, que serán comunicados á organización uns días antes do evento. As actividades (que podemos consultar ao detalle en formato PDF [4]) comezarán o venres 22 ás 17.00 horas, coa benvida e a inauguración e, posteriormente, o comezo do primeiro dos obradoiros. Estes son:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10398.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://corunadixital.gal/evento/congreso-tadega-2019/
[4] https://tadega.net/wp-content/uploads/2019/09/Cartaz6Congreso.pdf