Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Showrooms sobre avances TIC en materia de Servizos Sociais

Versión para impresiónSend by email
28/05/13 (10:32)

A Consellería de Traballo e Benestar, no marco do proxecto Envellecemento+Activo, organiza unhas xornadas prácticas e demostrativas sobre novos sistemas de teleasistencia avanzada baseados en tecnoloxías TIC, que terán lugar os días 3, 4 e 5 de xuño.


Estas xornadas teñen carácter gratuito e desenvolveranse, de 9:00 a 13:00 horas, de acordo á seguinte planificación:


SANTIAGO DE COMPOSTELA


Data: 03.06.2013
Lugar: Salón 2. Consellería de Presidencia.


VIGO


Data: 04.06.2013
Lugar: Salón de Actos. Delegación Territorial de Vigo


A CORUÑA


Data: 05.06.2013
Lugar: Salón de actos. Edificio Administrativo Monelos A Coruña


As persoas interesadas deberán enviar, antes do 30 de maio, a folla de inscrición cumprimentada ao enderezo de correo electrónico: proxectos@versasl.com


Envellecemento+Activo


O proxecto Envellecemento +Activo foi deseñado para promover a planificación e utilización conxunta de equipamentos, programas e servizos sociais innovadores, a nivel transfronteirizo, para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable.


Os resultados que pretende acadar son:


A promoción de boas prácticas en detección precoz da dependencia.


A experimentación de novas tecnoloxías para a atención a persoas maiores.


Maior eficacia na xestión de recursos mediante unha nova estrutura institucional de cooperación transfronteiriza


O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co-financia o proxecto Envellecemento+Activo nun 75%, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007 - 2013. Dito Programa Operativo promove o desenvolvemento e a cohesión económica e social das zonas fronteirizas entre España e Portugal. Territorio no que se inclúe a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal