A Consellería de Traballo e Benestar, no marco do proxecto Envellecemento+Activo [2], organiza unhas xornadas prácticas e demostrativas sobre novos sistemas de teleasistencia avanzada baseados en tecnoloxías TIC, que terán lugar os días 3, 4 e 5 de xuño.
Estas xornadas teñen carácter gratuito e desenvolveranse, de 9:00 a 13:00 horas, de acordo á seguinte planificación:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: 03.06.2013
Lugar: Salón 2. Consellería de Presidencia.
VIGO
Data: 04.06.2013
Lugar: Salón de Actos. Delegación Territorial de Vigo
A CORUÑA
Data: 05.06.2013
Lugar: Salón de actos. Edificio Administrativo Monelos A Coruña
As persoas interesadas deberán enviar, antes do 30 de maio, a folla de inscrición [3]cumprimentada ao enderezo de correo electrónico: proxectos@versasl.com [4]
Envellecemento+Activo
O proxecto Envellecemento +Activo foi deseñado para promover a planificación e utilización conxunta de equipamentos, programas e servizos sociais innovadores, a nivel transfronteirizo, para a detección precoz de futuras necesidades de dependencia e a promoción do envellecemento activo e saudable.
Os resultados que pretende acadar son:
A promoción de boas prácticas en detección precoz da dependencia.
A experimentación de novas tecnoloxías para a atención a persoas maiores.
Maior eficacia na xestión de recursos mediante unha nova estrutura institucional de cooperación transfronteiriza
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) co-financia o proxecto Envellecemento+Activo nun 75%, dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007 - 2013. Dito Programa Operativo promove o desenvolvemento e a cohesión económica e social das zonas fronteirizas entre España e Portugal. Territorio no que se inclúe a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] http://envellecementomaisactivo.eu
[3] http://envellecementomaisactivo.eu/sites/default/files/documentos/folla_inscripcion.pdf
[4] mailto:proxectos@versasl.com