Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Traballo investirá máis de 8,2 millóns de euros en axudas a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de máis de 560 desempregados


  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas que están dirixidas a colectivos sociais, especialmente de discapacidade e de risco de exclusión social.

  • O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de mañá.

  • Estas subvencións enmárcanse nos plans de cooperación da Consellería de Traballo e Benestar.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/05/13 (09:40)

A Consellería de Traballo e Benestar investirá este ano máis de 8,2 millóns de euros para axudas a entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de que sexan destinadas á contratación de máis de 560 persoas en situación de desemprego.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas subvencións, que están dirixidas especialmente a colectivos que traballan a favor das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.


O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de mañá. Terán que ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es.


En definitiva, estas axudas están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro co obxecto de proporcionarlles a experiencia práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral.


Estas subvencións forman parte dos plans de cooperación da Xunta de Galicia. Este programa inclúe tamén axudas para os concellos para a contratación de persoas desempregadas co obxectivo de que desenvolvan obras ou servizos de interese xeral e social. Este ano poderán beneficiarse desta parte dos plans de cooperación máis de 1.850 persoas. A convocatoria destas axudas xa saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a principios do mes de maio.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal