Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
A concelleira Ana Barreiro e Manuel Bello, responsable da aula CeMIT de Ribeira.

A aula CeMIT de Ribeira achega sete novos cursos TIC para a veciñanza

Versión para impresiónSend by email
Ribeira, 20/09/19 (08:09)

Baixo o título de Outono Dixital, a aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de outubro e novembro novos cursos co obxectivo de introducir á veciñanza nos distintos eidos das novas tecnoloxías. A encargada de detallar a programación foi a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello. En total, son sete as accións formativas ofertadas a persoas maiores de 18 anos e de distintos tipos de perfís.

  • Ofimática - LibreOffice, do 2 de outubro ao 29 de novembro, con clases os luns, mércores e venres, en horario de 09.30 a 11.00 horas. Os contidos que se imparten capacitan ao alumnado para poder presentarse aos exames CODIX, certificación galega de competencia dixital en ofimática.
  • Iníciate na Informática, do 3 de outubro ao 28 de novembro, con clases martes e xoves, en horario de 09.30 a 11.00 horas.
  • Sede electrónica, no que haberá un curso en outubro e outro en novembro. No caso do próximo mes, as clases terán lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.
  • Espreme o teu móbil, no que tamén haberá un curso cada mes. O de outubro terá lugar do 21 ao 24, de luns a xoves, en horario de 11.30 a 13.00 horas.
  • Edición de vídeo, do 18 ao 29 de novembro, de luns a venres, en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Existe un límite de prazas establecido en 12 para cada unha das accións formativas e as inscricións poden formalizarse tanto na páxina web, coma nas propias instalacións da aula, situada debaixo da escola infantil municipal, na rúa Cubeliños 1 e no teléfono 981876043.

Tamén se manifestou a intención de abrir un grupo de WhatsApp co obxectivo de informar das convocatorias para o 2020. Así mesmo, Ana Barreiro anunciou que se celebrarán cursos de balde en tódalas parroquias que o requiran, sempre que a demanda sexa dun mínimo de 5 veciños, con posibilidade de consensuar os contidos.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal