
Baixo o título de Outono Dixital, a aula CeMIT de Ribeira acollerá durante os meses de outubro e novembro novos cursos co obxectivo de introducir á veciñanza nos distintos eidos das novas tecnoloxías. A encargada de detallar a programación foi a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello. En total, son sete as accións formativas ofertadas a persoas maiores de 18 anos e de distintos tipos de perfís.
Existe un límite de prazas establecido en 12 para cada unha das accións formativas e as inscricións poden formalizarse tanto na páxina web [3], coma nas propias instalacións da aula, situada debaixo da escola infantil municipal, na rúa Cubeliños 1 e no teléfono 981876043.
Tamén se manifestou a intención de abrir un grupo de WhatsApp co obxectivo de informar das convocatorias para o 2020. Así mesmo, Ana Barreiro anunciou que se celebrarán cursos de balde en tódalas parroquias que o requiran, sempre que a demanda sexa dun mínimo de 5 veciños, con posibilidade de consensuar os contidos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10246.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/es/centro/67