A operadora galega R vai ser unha das empresas colaboradoras de Pont-Up Store, a feira de emprendemento e innovación que se celebra en Pontevedra, con epicentro na praza de España, a partir do 18 de setembro. A compañía de cable, que acode ao evento co gallo de deixar constancia da súa aposta “pola cultura emprendedora en Galicia” (unha aposta da que abrollou unha aceleradora propia, DiCO Challenge), estará presente en Pontevedra coas actividades do seu programa CreaR, o seu proxecto educativo, divulgador e dinamizador para a rapazada.
Ao abeiro disto, R achegará obradoiros de stop motion nos que, xogando, as nenas e nenos participantes aprenderán as bases da que sería, en palabras da operadora, “unha das técnicas de animación máis antigas da historia do cinema”. En paralelo e simultaneamente impartiranse as charlas didácticas dirixidas á xeración que non naceu na era dixital; pais, avós, titores e educadores.
As actividades serán o sábado 21 de setembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Rúa Maestranza, 2). Haberá un obradoiro para nenas e nenos de 7 a 9 anos (e máis charla educativa) en horario de 10.00 a 12.00 horas, e un obradoiro para a rapazada de entre 10 e 12 anos (máis charla) en horario de 12.00 a 14.00 horas. O máximo de prazas é de 30.
Rexístrate como: