Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Vista cenital dunha mesa onde se ven unhas mans usando un portátil e un smartphone.

A aula CeMIT de Boiro achega un setembro de formación TIC básica para a cidadanía

Versión para impresiónSend by email
Boiro, 23/08/19 (08:26)

aula CeMIT de Boiro, o espazo formativo de alfabetización e capacitación dixital emprazado na rúa Manuel María (no edificio do Centro Social), ten preparado un completo programa docente e dinamizador para este mes de setembro. Segundo informa o Concello, a aula achegará catro cursos para permitir á cidadanía introducirse nos usos básicos e nas principais vantaxes das ferramentas dixitais, complementándose o programa cunha actividade formativa sobre maquetación web.

O primeiro dos obradoiros, Maquetación web con HTML e CSS, celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de setembro en horario de 10 a 12 horas. O seguinte, Inicio á informática, está previsto para os días 11, 12 e 13 de setembro, en horario de mañá, tamén. O terceiro do mes, Inicio a Internet, celebrarase os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, co mesmo horario cós anteriores obradoiros. O programa docente complétase con Inicio ao correo web, os días 24, 25 e 26 do mesmo mes, desta con volta con horario de 10 a 12.30 horas. 

Para máis información sobre as actividades formativas cómpre acudir á aula CeMIT, escribir un correo ao enderezo axentetic@boiro.org ou chamar por teléfono ao 981 842 635.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal