
A aula CeMIT de Boiro, [3] o espazo formativo de alfabetización e capacitación dixital emprazado na rúa Manuel María (no edificio do Centro Social), ten preparado un completo programa docente e dinamizador para este mes de setembro. Segundo informa o Concello, a aula achegará catro cursos para permitir á cidadanía introducirse nos usos básicos e nas principais vantaxes das ferramentas dixitais [4], complementándose o programa cunha actividade formativa sobre maquetación web.
O primeiro dos obradoiros, Maquetación web con HTML e CSS, celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de setembro en horario de 10 a 12 horas. O seguinte, Inicio á informática, está previsto para os días 11, 12 e 13 de setembro, en horario de mañá, tamén. O terceiro do mes, Inicio a Internet, celebrarase os días 16, 17, 18 e 19 de setembro, co mesmo horario cós anteriores obradoiros. O programa docente complétase con Inicio ao correo web, os días 24, 25 e 26 do mesmo mes, desta con volta con horario de 10 a 12.30 horas.
Para máis información sobre as actividades formativas cómpre acudir á aula CeMIT, escribir un correo ao enderezo axentetic@boiro.org [5] ou chamar por teléfono ao 981 842 635.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_10165.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/CeMITBoiro/
[4] https://www.boiro.gal/index.php/es/89-novas/novas-de-cultura/2005-cursos-na-aula-cemit-de-boiro-setembro-2019
[5] mailto:axentetic@boiro.org