Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Voluntari@s Dixitais

Que é un VOLUNTARI@ DIXITAL?

Un voluntari@ dixital é un internauta capaz de axudar, cos seus coñecementos, entusiasmo e solidariedade, ao despegue da alfabetización dixital, en especial a colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente, sen recibir compensación económica a cambio.

Cal é o seu labor?

  • Complementar as accións de alfabetización dixital desenvolvidas polos diferentes axentes que conforman a rede na nosa comunidade
  • Chegar aos sectores que descoñecen os beneficios da Tecnoloxía, ensinarlles as oportunidades que lles ofrece esta forma de comunicación e contribuír así a mellorar a súa calidade de vida
  • Detectar as necesidades dos participantes e traducilas en posibilidades
  • Compartir os seus coñecementos tecnolóxicos cos usuarios do proxecto

Cal é o perfil dos VOLUNTARI@S DIXITAIS?

  • Coñecementos técnicos en informática de usuario medio
  • Habilidades sociais, de mobilización e transmisión de coñecemento e información
  • Gañas de compartir o seu tempo e os seus coñecementos
  • Persoas maiores de 18 anos

Como poden adherirse a VolDIX como VOLUNTARI@S DIXITAIS?

Como poden facer as labores de VOLUNTARIADO DIXITAL?

Voluntariado presencial
voluntariado presencial
Voluntariado virtual
voluntariado virtual

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal