Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Entidades colaboradoras

Son entidades públicas ou privadas que representan intereses profesionais, académicos, empresariais e/ou sociais, que empregan as TIC como instrumento para a consecución do seus obxectivos, e teñen interese en fomentar a sociedade dixital en Galicia e organizar iniciativas en colaboración co Programa Voluntariado Dixital.


Como poden participar
Calquera entidade que desexe realizar actividades de formación, difusión e sensibilización ou proxectos e iniciativas singulares para o fomento da sociedade dixital en Galicia e precise o apoio de persoas voluntarias pode contactar con Voluntariado Dixital no correo voluntariadodixital@xunta.gal e trasladar a súa necesidade. Xuntos analizaremos a mellor maneira de colaborar!!

 


Beneficios

  • Tomar contacto co mundo da tecnoloxía
  • Beneficiarse dos recursos que o Programa de Voluntariado Dixital adica á captación de voluntarios, á súa posterior formación e seguimento
  • Beneficiarse da carta de servizos que se desenvolva no marco do proxecto
  • Difundir a súa labor e intercambiar boas prácticas a través de redes distintas usando os mecanismos de comunicación do Programa de Voluntariado Dixital
  • Vincular a imaxe da organización ao Programa de Voluntariado Dixital aparecendo como Entidade Adherida en determinados materiais de difusión do proxecto.
  • Estar ao día de forma periódica sobre as actividades que se organizan no marco do proxecto

 

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos
UNIVERSIDADE SÉNIOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
AGESTIC ASOCIACION GALLEGA DE EMPRESAS DE TECNOLOGIAS DE INFORMACION Y COMUNICACION
Instituto Galego de Consumo (EGC)
CLUSTER TIC GALICIA
Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia
Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
FETEGA-UDP, Federación Territorial de Asociaciones Provinciales  de Pensionistas y Jubilados de Galicia
AGASOL-Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal