Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Reunión Deputación de Lugo con AJE
10/05/16 (12:11)
A Deputación de Lugo reuniuse este luns coa Asociación de Empresarios Novos (AJE) para materializar de maneira conxunta as novas accións formativas de LugoWork, o plan de emprego xuvenil e participativo da provincia. O orzamento para o que se conta para é de 2 millóns de euros, acadados polo organismo provincial da Unión Europea a través da Escola de Organización Industria. LugoWork achegará en datas vindeiras recursos para mellorar o currículo dun mínimo de 300 mozos en paro. Logo da formación concederanse axudas económicas para a súa contratación.
Logo Tecsos
10/05/16 (09:59)
A Fundación ONCE, o Instituto da Enxeñaría de España, Ministerio de Fomento e a Real Academia de Enxeñaría organizan coa colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, un ciclo de conferencias sobre Enxeñería e Accesibilidade.
Logo da xornada
10/05/16 (07:54)
Unha vez máis a iniciativa Rapaciñ@s ofrece unha serie de charlas informativas que volverán a percorrer Galicia da man das colexiadas e colexiados do CPEIG e que arrinca cun gran evento na Cidade da Cultura. Familias e docentes atoparán información e recursos de interese, namentres as nenas e nenos desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal