Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

O Proxecto

Internet e a Tecnoloxía están abrindo unha nova vía para realizar innovadoras formas de voluntariado.

Desde a administración galega, entendemos que debemos ser motores desta nova oportunidade e ofrecer o noso coñecemento no ámbito das TIC para que as diferentes áreas da administración, entidades e/ou organizacións públicas e privadas poidan aproveitar estas novas oportunidades e estas novas formas de realizar accións solidarias.

Programa de Voluntariado Dixital (VolDIX) é unha iniciativa posta en marcha por a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social. Actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030, que busca situar a Comunidade como unha rexión de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental.

Desde 2016, VolDIX tamén formou parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 como un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión digital da comunidade e que tivo o obxectivo común de transformar a cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.

Actualmente VolDIX forma parte do novo Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que fusiona os anteriores Plan de Inclusión Dixital 2020 e Plan DigiTalent 2020 nun único instrumento estratéxico que toma o seu relevo para enfocarse no horizonte 2030 coa misión de conseguir unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe a ninguén atrás.

Presentación do Programa de Voluntariado Dixital.


O Programa de Voluntariado Dixital define unha visión...

  • Unha comunidade na que todos podamos crear, consultar, utilizar e compartir a información e o coñecemento, mellorando así a calidade de vida da propia sociedade.
  • Unha comunidade na que SOLIDARIEDADE, VOLUNTARIADO E TECNOLOXÍA posibiliten un acercamento á e-SOLIDARIEDADE.
  • Unha comunidade onde se fomente e posibilite o traballo e a colaboración en rede, o acceso ao coñecemento, a participación e inclusión activa de toda a sociedade na sociedade do coñecemento.
  • Unha comunidade con identidade de seu na era dixital que difunda a súa cultura tanto dentro como fóra das súas fronteiras e favoreza a presenza da súa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social en Internet.

innovacion na xestion

Innovación na xestión

  • Potenciación do uso da tecnoloxía pola cidadanía e apoio e consolidación do seu uso no terceiro sector.
  • Axilización dos procesos de xestión do voluntariado en Galicia.
  • Utlización das TIC para favorecer a autonomía por parte da cidadanía.
rede social

Rede social

  • Fomento da cooperación a través do uso da web 2.0.
  • Creación de sentimento / pertenza a un grupo.
  • Potenciar a participación da sociedade.
cooperación axentes

Cooperación axentes

  • Análise de todas e cada un das actuacións postas en marcha en Galicia que aglutinen VOLUNTARIADO E TECNOLOXÍA.
  • Coordinación dos recursos aportados polos diferentes axentes involucrados na Rede.
valores na sociedade

Valores na sociedade

  • Establecemento de comunicación interxeneracional.
  • Paliar o sentimento de soidade en sociedades desenvolvidas.
  • Facilitar a inclusión social, laboral e cultural.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal