O Programa de Voluntariado Dixital pretende dar unha correcta formación aos voluntarios para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través do Plan de Formación Continua en VOLUNTARIADO E TECNOLOXÍA.
PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO DIXITAL 2016
“Formación en Canvas para a Innovación Social Dixital"
Desde o Plan de formación continua do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ponse en marcha unha nova actividade formativa : "Innovación Social Dixital desde unha análise de ferramentas Canvas".
Os participantes aprenderán a utilizar una serie de ferramentas que lles permitirán definir os seus proxectos de innovación social dixital, encontrar solucións aos problemas e traballar de forma colaborativa.
Agardámoste nalgunha das dúas edicións da actividade que se van a celebrar en Santiago de Compostela e en Ourense no mes de xullo.
Para máis información sobre datas e a axenda consulta os programas:
As prazas son limitadas.
Formularios de rexistro:
Construir innovación, está nas túa mans! Apúntaste a facelo realidade?
PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO DIXITAL 2015
“Design Thinking para a Innovación Social Dixital"
O programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 baixo o título “Design Thinking para a Innovación Social Dixital”.
O obxectivo deste plan formativo, é ofrecer as ferramentas e as metodoloxías máis avanzadas para xerar ideas, detectar necesidades de mercado e resolver problemas, apostando pola innovación como un proceso colaborativo.
A través da formación e tomando como referencia práctica os 10 proxectos seleccionados na iniciativa da Amtega CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital traballaranse todas as fases da metoloxía Design Thinking: empatía, definición, ideación, prototipado e testeo.
Mais información e contidos no programa.
Lugar de celebración e inscricións
O programa formativo ten plazas limitadas e desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en horario de tarde de 16:00 a 20:00h, en 4 xornadas distribuidas en dous bloques:
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na web de Voluntariado Galego.
O equipo Designthinking.gal
José Ramón Rodríguez, psicólogo empresarial. A experiencia profesional de José Ramón, durante máis de 27 anos, en máis de 65 empresas e asociacións profesionais, centrouse no desenvolvemento de plans de formación, deseñando, coordinando e impartindo diferentes accións formativas en áreas tales como: Competencias Directivas, Outdoor Training, Calidade de Servizo e Satisfacción do Cliente, Creatividade, Habilidades docentes e Marketing persoal ou Personal branding.
Chus Prol, filóloga e storyteller. Pertence a unha xeración de profesionais que valoran a súa liberdade e un modelo diferente de relación laboral máis flexible e personalizada. Acredita en que, tras anos de formarnos para sermos competitivos e acadar obxectivos individuais, a solución a moitas das dificultades actuais vén da man da colaboración. Gran comunicadora apaixónalle xestionar equipos de traballo e xestionar persoas. Na actualidade xestiona o espacio de Coworking Doutroxeito.
Enrique Saavedra, enxeñeiro de deseño. Inditex, Massimo Dutti, Women´ Secret, Movistar ou Cortefiel son algunhas das marcas para as que traballou desenvolvendo proxectos de deseño. Considérase curioso e analítico, trata de investigar e de buscar solucións partindo dun caos imaxinativo, reflexiona sobre iso e logo volve empezar. Na actualidade é co-fundador do estudio Vermis Project e dos proxectos VermisLAB e Designthinking.gal así coma director da delegación inglesa.
Marcos Saavedra, deseñador de produto. Con máis de dez anos de experiencia no mundo do deseño de produto, realizou proxectos tanto nacionais como internacionais para clientes como Roca, ICEX, MUJI ou Arturo Álvarez. Entende o deseño e a vida dun xeito optimista, divertido e dinámico. Sedúceo sacar as cousas do seu contexto habitual e a busca de novos enfoques. Na actualidade é co-fundador do estudio Vermis Project e dos proxectos VermisLAB e Designthinking.gal así coma director da delegación española.
Quinto faladoiro dixital “Internet das cousas” do programa "Faite Dixit@l!"
Este faladoiro ten como obxectivo, amosar a través de cinco especialistas na materia, o presente e o futuro das ‘cousas conectadas a internet’, de como o enlace de obxectos de uso cotidiano coa rede, pode facilitar o desenvolvemento das persoas, do alcance desta tecnoloxía e da súa potencialidade en campos como a educación, a saúde, o ocio, a cultura…
O faladoiro dixital ‘Internet das cousas’ estará moderado por Manuel Velardo, director xerente de CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación baseadas en Fontes Abertas).
Lugar de celebración e inscricións
Celebrarase na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o día 19 de decembro de 2014 en horario de 10:00 a 14:00 horas. A participación é libre e gratuíta ata completar o aforamento. Podes inscribirte aquí.
Ao remate do faladoiro farase a entrega dos premios do Primeiro Concurso de Aplicacións Móbiles Faite Dixit@l!.
Os relatores
Marcos Saavedra, de Vermis Project. Estudo de proxectos que ofrece servizos de deseño e desenvolvemento a persoas e empresas de todo o mundo.
José Manuel Ruiz Pérez, de SMARTtEK Devices. Empresa dedicada ao deseño, fabricación e comercialización de dispositivos conectados intelixentes.
Miguel Ángel Montero, da Comisión de eSalud AMETIC. Esta comisión, que aúna a máis de 40 empresas do sector, ten como obxectivo principal garantir o posicionamiento do Sector TIC Saúde no mercado actual e constituírse como única voz e referente TIC no sector sanitario.
Rodrigo Martínez, do Instituto Tecnológico Hotelero (ITH). ITH é a resposta do sector hotelero aos desafíos que os avances tecnolóxicos supoñen para os empresarios da industria turística. Presentarán o seu proxecto "ITH Smart Hotel Now" dotado de IOT technology e onde os usuarios poden interactuar a través da primeira app hotelera capaz de adaptar espazos e experiencias á medida de cada hóspede.
Ismael Faro Sertage. Asesor e mentor tecnolóxico. Con máis de 15 anos de percorrido no campo do emprendimiento e asistindo a startups a levar as súas ideas a mercado. Traballou e colaborado en proxectos open source, empresariais como gobernamentais, dentro do marco da innovación tecnolóxica.
Vídeo do faladoiro "Internet das cousas" (Aconséllase usar cascos e maximiza-la pantalla)
Cuarto faladoiro dixital “As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía” do programa "Faite Dixit@l!"
Este faladoiro pretende amosar casos de éxito, onde varios relatores compartirán as súas experiencias en torno ao desenvolvemento de aplicacións móbiles: como lograron facer do uso das novas tecnoloxías a clave do seu éxito, como superaron as dificultades e que beneficios lles reportaron.
Lugar de celebración e inscricións
Celebrarase no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela o día 25 de novembro de 2014 en horario de 18:30 a 20:30 horas. A participación é libre e gratuíta ata completar o aforamento. Podes inscribirte aquí.
Tamén poderás segui-lo Faladoiro vía streaming a través da páxina web da Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT.
Os relatores
Eva Elorrieta, deseñadora de Pictoson xunto a Long Long Yu. Pictoson é unha aplicación que asocia Pictogramas con audios e grafías online e offline, en 22 idiomas con fins alfabetizadores.
Antonio Escudero y Avelino Correa, forman parte da empresa Creappcuentos S.L., empresa de recente constitución que desenvolve apps para o ámbito infantil e educativo. O primeiro proxecto chámase Creappcuentos e é unha App para tablets que permite crear contos únicos e diferentes en moi poucos pasos e en calquera idioma.
Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc., unha start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware á medida para os seus clientes e para os seus propios proxectos. Na actualidade desenvolveron internamente Likethis e Garagapp, esta última foi acelerada por Galicia Openfuture/Telefónica e permite controla-las portas dun garaxe dende o móbil.
Manuel González, artesán autodidacta, marroquineiro e decorador de coiros. Membro fundador da Asociación Galega de Artesáns. Dende 1987 é o responsable da xestión profesional da devandita asociación.
Fran Gago, pertence á empresa Gamifik, onde se constrúen solucións móbiles para fidelizar aos clientes. Actualmente contan con máis de 10 centros en España que están a usa-la súa app no seu programa educativo e crearon varios grupos de traballo para mellora-la app.
Vídeo do faladoiro "As aplicacións móbiles ao servizo da cidadanía" (Aconséllase usar cascos e maximiza-la pantalla)
Terceiro faladoiro dixital “A túa identidade dixital, é a túa marca persoal?” do programa "Faite Dixit@l!"
Este faladoiro pretende amosar casos de éxito, onde varios relatores compartirán as súas experiencias en torno a como lograron converter a súa identidade dixital e puxeron as novas tecnoloxías ao servizo da súa marca persoal, alcanzando o éxito profesional.
Os relatores
María Vázquez, creadora do blog de arte "O Ollo no Ceo", polo que recibiu o Primeiro Premio no I certamen Setdart "Mellor Blog de Arte 2014" (Outubro 2014).
Gorka de Luis, creador do grupo de Facebook "Smrtjb", no que as persoas comparten as ofertas de traballo que detectan nas redes, favorecendo así o acceso das mesmas ao mercado laboral.
Javier Pedreira, creador do Blog de divulgación sobre tecnoloxía, ciencia e internet "Microsiervos".
David García Bragado, creador do Blog de moda "Vestirse por los pies".
Victoria Ambrós e Raquel Lemos, creadoras de "Brandingyoga", destinado ao enriquecemento da marca persoal profesional.
Este faladoiro celebrouse o venres, 21 de novembro, en horario de 18:30 a 20:30 horas, no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.
Vídeo do faladoiro "A túa identidade dixital, é a túa marca persoal?" (Aconséllase usar cascos e maximiza-la pantalla)
Segundo faladoiro dixital “Imaxina e crea: Impresión 3D” do programa “Faite Dixit@l!”
Que é a impresión 3D?, en que momento tecnolóxico se atopa?, que utilidade práctica ten para a cidadanía?, como pode facilita-las tarefas en campos como a sanidade, o lecer, a educación ou o fogar?, son os temas que se abordarán na xornada “Imaxina e crea: impresión 3D”. Trátase do segundo Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Será o vindeiro xoves 13 de novembro en Santiago de Compostela.
Lugar de celebración e inscricións
A xornada, na que trala exposición dos expertos haberá un debate sobre o futuro que ten a impresión 3D e ata onde pode chega-lo seu desenvolvemento industrial, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), con entrada libre e gratuíta ata completa-lo aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse AQUÍ.
Este novo Faladoiro Dixital poderá seguirse vía streaming nas webs da rede CeMIT www.cemit.xunta.es, do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter co hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital. Na páxina web de Faite Dixit@l! www.faitedixital.es pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais que se celebrarán nas próximas semanas.
Os relatores
Álvaro Rei, enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial, pola Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol, creador de Galiprint3d, unha das primeiras empresas galegas de impresión 3d que deseña e ensambla os seus propios equipos de impresión en tres dimensións.
Xoan Sampaiño, freelance, membro de Bricolabs, asociación e grupo de divulgación e fomento de tecnoloxías libres, e do Proxecto Clone Wars, unha das comunidades RepRap máis amplas do territorio hispanofalante.
Pablo Gajino, socio fundador e CEO de Possible Inc, start-up galega que desenvolve aplicacións móbiles e produtos software e hardware a medida, e que conta cun departamento de impresión 3D cunha impresora capaz de imprimir un volume de 45cm3 desenvolvendo actualmente un servizo a través de web para poder encargar impresións 3D online.
Luis Mandayo, Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, fundador da empresa Lupeon, que ofrece servizos de asesoramento e de impresión 3D baixo demanda.
Luis González, responsable de Ardentia, empresa dedicada desde máis de 8 anos ao deseño 3D e prototipado rápido enfocado á realización de xoias para as súas propias coleccións e como empresa de servizos para outras marcas e artesáns.
Vídeo do faladoiro "Imaxina e crea: Impresión 3D" (Aconséllase usar cascos e maximiza-la pantalla)
Primeiro faladoiro dixital “Facendo a innovación Social” do programa “Faite Dixit@l!”
No marco do proxecto “Faite Dixit@l!” promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec, o mércores 28 de outubro, tivo lugar o primeiro dos Faladoiros Dixitais baixo o título “Facendo a Innovación Social”
Obxectivo
Trasladar aos participantes unha visión específica da innovación social desde múltiples vertentes creativas, achegando coñecemento e experiencias. Este faladoiro desenvólvese a partir das 18:30 horas no espazo de coworking WeKCo, na Coruña, www.wekco.net.
Metodoloxía "PechaKucha"
“Facendo a innovación Social” reúne a 6 expertos que compartirán cos asistentes coñecemento e experiencias a través da metodoloxía “PechaKucha”, unha fórmula de presentacións rápidas e dinámicas (20 diapositivas, 20 segundos por diapositiva) que facilitan o seguimento e a comprensión por parte dos asistentes e a súa interacción cos participantes.
Relatores
Vídeo do Faladoiro "Facendo a Innovación Social"
{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}{C}
Tamén podes descargar o vídeo.
PROGRAMA DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO DIXITAL 2014
Este programa de formación quere ofrecer unha correcta capacitación aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos, para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías. O curso está composto de catro módulos que poden ser cursados de maneira independente:
Consulta o Programa.
Se estás interesado/a en participar con nós nestes programas formativos, poderás formalizar a túa inscrición a través da seguinte ligazón: Inscrición pechada
As comunicacións do curso pódense seguir no
Twitter no hashtag: #innovacionDIX
MATERIAL EMPREGADO NAS PONENCIAS
Estratexias de Márketing Dixital_Parte I
Estratexias de Márketing Dixital_Parte II
Estratexias de Márketing Dixital_Parte III
Coaching para a Transformación Social_Parte I
Coaching para a Transformación Social_Parte II
XORNADA "NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL". APOIO NA PROCURA DE EMPREGO
Dado que os contidos dixitais xerarán ata 305.000 novos empregos nos vindeiros cinco anos, a través desta xornada preténdese:
O evento vai dirixido a Voluntari@s Dixitais, Entidades de Acción Social, moz@s, persoas desempregadas, orientadores laborais e calquera persoa interesada, entusiasta de Internet e o 2.0.
A xornada terá lugar o 5 de decembro no Salón 103 da Cidade da Cultura e poderá ser seguida por videoconferencia dende as aulas CeMIT de Vigo, Vilagarcía, Barreiros, Celanova, Lalín, Cerceda, Tui, Monforte de Lemos e Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
Agradeceriamos que as persoas que vaian participar a través de videoconferencia nos envíen un email a voluntariadodixital@xunta.es indicando a aula CeMIT á que acudirán.
ESTRUTURA DA XORNADA
9:30 Conferencia “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”
11:00 Descanso
11:30 “MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”
12:30 “PROGRAMACIÓN”
13:30 “DESEÑO VIRTUAL, ARTE E CREATIVIDADE”
14:30 Fin da sesión
Consulte o PROGRAMA
Pinche aquí para inscribirse.
As comunicacións do curso pódense seguir no
Twitter no hashtag: #empregoDIX
MATERIAL DE CONSULTA
CONFERENCIA “NOVOS PERFÍS PROFESIONAIS NA ERA DIXITAL”
Juan Merodio. Experto en Marketing Dixital e Redes Sociais. Relator habitual en Congresos de recoñecido prestixio internacional así como profesor das mellores Escolas de Negocio e Universidades.
Presentación de Juan Merodio
MARKETING E COMUNICACIÓN DIXITAL”
José Alcañiz. Profesor asociado da área de publicidade e marketing on-line da Escola de Negocios Caixanova, xerente de buscadestinos.com
Presentación de José Alcañiz
Óscar Reboiras. Xornalista, xestor de redes sociais no operador R e blogger en quecheparece.com
Presentación de Óscar Reboiras
David Serantes. Blogger & Social Media at Serantes & Cia.
Presentación de David Serantes
PROGRAMACIÓN
Sergio Prieto. Socio fundador da empresa de producción de videoxogos Gato Salvaje Estudio
Presentación de Sergio Prieto
Xurxo Méndez. CEO en SmartGalpAPPs.
Alberto Ruibal. Cofundador de Mobialia, empresa especializada en aplicacións móbiles.
Presentación de Alberto Ruibal
DESEÑO VIRTUAL, ARTE E CREATIVIDADE
Daniel de Castro. Director de Arte en DeCastro-Designers.
Presentación de Daniel de Castro
Pablo López. Experto en accesibilidade e usabilidade web e xerente de Hacce Soluciones TIC
Presentación de Pablo López
Alexandre Santorio. Director de Arte especializado en Motiongraphics e socio de Duplo Studio.
Presentación de Alexandre Santorio
CRÓNICAS DA XORNADA
Laura Camino. Voluntaria dixital, reportuitera, xornalista 2.0 e xestora de redes sociais.
Parte I. Conferencia de Juan Merodio
Parte II. Oportunidades de emprego na era dixital #empregoDIX
Manolo Rodríguez. Xornalista en La Opinión de A Coruña, socio fundador en A-Tres e blogger en Desenredando la red
Faite un nome e crea a túa marca persoal a través dun blog
PODCASTS DA XORNADA
ArousaTV. Novos perfís profesionais na era dixital
Voces de Galicia-Radio VOZ. Cita con @Serantes: Falamos de #EmpregoDIX #BQReaders e do #Yotaphone co editor do blog 'Serantes & Cía'
NO TE PIERDAS
Laura Camino. 826 tweets e máis de 1 millón de impactos do hashtag #empregoDIX
La Voz de Galicia. Expertos e autónomos animan a emprender...
La Voz de Galicia.“Antes non había o pánico de hoxe á crise”
PROGRAMA DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO DIXITAL 2013 "Redes sociais e Comunicación 2.0".
Este programa de formación quere ofrecer unha correcta capacitación aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos, para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través de internet e as novas tecnoloxías. O curso está composto de catro módulos que poden ser cursados de maneira independente:
Se estades interesados en participar con nós nestes programas formativos, poderedes formalizar a inscrición a través da seguinte ligazón da web de voluntariado galego:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur
As comunicacións do curso pódense seguir no
Twitter no hashtag: #socialmaisTIC
Nota: A inscrición no cuarto módulo finaliza o próximo 26 de xuño as 14.30h.
MATERIAL DE CONSULTA
PROGRAMA PARTE I: Redes sociais e comunicación 2.0
David Serantes. Blogger & Social Media at Serantes & Cia.
Presentación de David Serantes
Víctor Gómez. Consultor e formador en innovación e marketing
PROGRAMA PARTE II: Identidade dixital
Víctor Gómez. Consultor e formador en innovación e marketing
Laura Camino. Comunicadora 2.0 e Reportuitera Xornalista con titulación en CM
Alberto Fernández Varela. Especialista en desenvolvemento de persoas e de talento para organizacións. Conferenciante e formador en posicionamento profesional, EGA Concultores
Presentación de Alberto Fernández Varela
PROGRAMA PARTE III: Community Manager
José Alcañiz. Profesor asociado da área de publicidade e marketing on-line da Escuela de Negocios Caixanova, xerente de buscadestinos.com
PROGRAMA PARTE IV: Crowdfunding
Jaume Albaigès. Consultor TIC para ONL e autor do blog TecnolONGia.org
RESUMO DAS XORNADAS
Elaborado por: LAURA CAMINO, voluntaria dixital, reportuitera, xornalista 2.0 e xestora de redes sociais.
PARTE I: Redes sociais e comunicación 2.0
Claves do éxito en Redes Sociais. Estratexia dixital e honestidade 2.0 – Curso #socialmaisTIC
PARTE II: Identidade dixital
Como usar as redes sociais para atopar emprego | #socialmaisTIC
Reportuiteo: Que é | Identidade Dixital na procura de emprego [#reportuiteON]
PARTE III: Community manager
Cómo ser un bo Community Manager | #socialmaisTIC
PARTE IV: Crowdfunding
Crowdfunding: cómo ter éxito | #socialmaisTIC
FORMACIÓN BÁSICA PROGRAMA VOLUNTARIADO DIXITAL 2012 (VOLDIX)
Programa_Módulo I_Formación Voluntariado Dixital 2012_VOLUNTARIADO E TIC
Programa_Módulo II_Formación Voluntariado Dixital 2012_VOLUNTARIADO E TIC
PONENCIAS XORNADA " IDENTIDADE DIXITAL E BUSCA DE EMPREGO 2.0"
EGA Consultores_Alberto Fernández
Laboral News_Francisco Collado
Rexístrate como: