Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Buscador de Novas

Título
Tema
Dende a data
Ata a data
Provincia
Colectivos:
Presentación do proxecto
12/05/16 (08:26)
Santiago de Compostela, Lugo, Arteixo, Marín e Redondela son os lugares que o vindeiro mes de xuño acollerán o programa Lanzaderas de Empleo para axudar a máis dun cento de mozos galegos a adestrar unha innovadora procura de emprego en equipo, reforzar as súas habilidades, aumentar a súa empregabilidade e contar con máis oportunidades de inserción laboral.
Galisenior 2016
11/05/16 (10:12)
As xornadas técnicas profesionais da décima edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, estarán centradas na análise do concepto de fraxilidade aplicado ás persoas maiores. Unha temática de actualidade que centra a maior parte dos artigos recolleitos por publicacións de impacto neste sentido a nivel mundial.
Pantalla de interfaz de control móbil-cerebro
11/05/16 (08:55)
É o proxecto que un estudante de doutoramento da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), Miguel Páramo Castrillo, está a desenvolver como parte da súa tese. A proposta, que xa conta cun prototipo en fase beta para comprobar a súa validez técnica e realizar as primeiras probas con usuarios, gañou a primeira edición do Premio Uninnova, convocado pola Fundación ONCE co obxectivo de promover ideas que melloran as condicións de vida das persoas con discapacidade.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal