Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Aulas VolDixital

O Programa de Voluntariado Dixital conta cunha extensa rede de aulas tanto públicas como privadas adscritas.

Un apoio dixital pode recibirse en calquera das aulas dispoñibles, entre as que se atopan bibliotecas públicas, centros Rede CeMIT, centros sociocomunitarios, etc.

Unha vez a ENTIDADE DE ACCIÓN VOLUNTARIA solicite recibir un apoio dixital a través de calquera das vías dispoñibles para ese efecto, o xestor de voluntariado dixital accederá ao  Mapa de e-Servizos de Inclusión Dixital  para reservar os recursos dispoñibles no centro máis adecuado segundo as necesidades do acompañamento, a proximidade, a dispoñibilidade do centro e as preferencias do solicitante.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal