Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Codix.

A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 30/03/19 (08:35)
  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de abril e pode realizarse online ou presencialmente na aula de interese
  • Os exames presenciais celebraranse os días 8, 9 e 10 de maio nas aulas CeMIT de 38 concellos de toda Galicia
  • Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 550 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o 4 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
 
As probas presenciais celebraranse os días 8, 9 e 10 de maio en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 38 concellos, que suman un total de 570 prazas dispoñibles:
 
Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña; Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo e Sarria na provincia de Lugo; O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense e Xunqueira Ambía na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.
 
Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
 

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress 
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
 

Máis de 1.500 prazas programadas para este ano 2019

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2019, que terá a súa continuación no segundo semestre do ano con novas convocatorias dun cursos de teleformación titorizada con exame final e outra convocatoria de probas presenciais libres na modalidade autoformativa
 
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 7.000 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.110 en cursos de teleformación titorizada e 4.923 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 3.100 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.
 
A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
 

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 8, 9 e 10 de maio de acordo co seguinte calendario:

Máis información.

Tema: Xeral
Fonte: AMTEGA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal