Ability Connect é unha tecnoloxía para que distintos usuarios poidan compartir contido en texto sobre o que se aplican distintas opcións de accesibilidade, facilitando enormemente a comunicación a persoas con discapacidade visual ou auditiva.
Esta aplicación está especialmente pensada para o ámbito educativo xa que facilita que persoas con discapacidade poidan seguir as explicacións e a materia que se trata na aula dunha forma moito máis accesible.
O texto pódese adaptar para facilitar a súa lectura por persoas con discapacidade auditiva ou visual, ou os dispositivos móbiles pódeno ler no alto para que sexa accesible a persoas cegas.
Os compañeiros de Orientatech probaron este sistema desenvolvido pola Universidade de Alacante en colaboración coa Fundación Vodafone, e publicaron unha exhaustiva análise sobre el, non volo perdades!
Rexístrate como: