Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Envellecemento saudable

Proxectos innovadores para frear a minusvalidez no envellecemento

 



  • As iniciativas teñen como principal obxectivo lograr a minusvalidez cero durante o envellecemento.

  • O investimento total para levar a cabo os cinco proxectos presentados ascende a 1,1 millóns de euros.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/05/13 (09:12)

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Obra Social "A Caixa" e a Fundación Xeral CSIC (FGCSIC) anunciaron a súa colaboración en cinco proxectos que van dende o desenvolvemento de videoxogos a un interface de adestramento cognitivo e que teñen como principal obxectivo lograr a minusvalidez cero durante o envellecemento.


O investimento total para levar a cabo os cinco proxectos presentados ascende a 1,1 millóns de euros, financiados en algo máis do 90% pola Área de Acción Social da Obra Social de La Caixa.


Videoxogos


Un dos proxectos que se está a levar a cabo é o desenvolvemento de videoxogos. Esta iniciativa, denominada Worthplay, está dirixida polo investigador José Angel Blat de la Universidad Pompeu Fabra e ten como finalidade analizar o deseño, desenvolvemento e avaliación dun prototipo de xogos on line específicos para as persoas maiores. "Perséguese a creación de xogos de calidade que contribúan a un envellecemento activo, e a mellorar o benestar físico e psicosocial", segundo Blat.


Durante 2012, o proxecto desenvolveu unha etnografía dos xogos en 170 persoas maiores con diferentes niveis de alfabetización dixital, e seguiu un código ético establecido polo consorcio internacional do proxecto. 


Adestramento cognitivo


Outra das iniciativas postas en marcha polo CSIC e a Obra Social "A Caixa" é a aplicación de sistemas Brain Computer Interface (BCI) ao adestramento cognitivo e ao control domótico para previr os efectos do envellecemento. O investigador Roberto Hornero do grupo de Enxeñaría Biomédica da Universidade de Valladolid propón o emprego de sistemas BCI, que traducen as intencións do usuario en comandos de control, como ferramenta de adestramento cognitivo. Na súa opinión, este método pode axudar a previr os efectos do envellecemento.


Tamén se formula o desenvolvemento unha aplicación BCI asistida que permita o control de dispositivos domóticos e electrónicos das vivendas. Empezáronse a realizar tarefas encamiñadas ao desenvolvemento da ferramenta de adestramento cognitivo empregando un sistema BCI baseado en ritmos sensoriomotores.


Cidadanía e participación


Tamén se puxo en marcha un proxecto que sobre envellecemento activo, cidadanía e participación. O investigador da Universidade Autónoma de Barcelona Joan Subirats dirixe esta iniciativa que pretende reforzar a participación das persoas maiores no proceso de elaboración e execución de políticas. Para iso, ten en conta a heteroxeneidade e diversidade dese colectivo, dende a incorporación de prácticas significativas ao respecto e o uso das tecnoloxías de información e comunicación. Durante o ano 2012, o proxecto púxose en marcha e fóronse cubrindo as etapas previstas, polo demais habituais en todo proceso de investigación científica. 

Tema: Xeral
Fonte: Servicio de Información y Noticias Científicas (SINC)
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal