Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Fotografía do posto de Showleap na caseta de Vodafone no Mobile World Congress de Barcelona.

Showleap ultima a súa tecnoloxía para facilitar a comunicación de persoas xordas

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 27/02/19 (09:56)

O revolucionario sistema de Showleap para traducir o signado en lingua de signos a través dos dispositivos móbiles está cada vez máis avanzado e nos próximos meses comezará as súas probas nunha contorna real.

Showleap comezou utilizando un brazalete para captar os movementos das persoas signantes, pero a compañía revolucionou todo o sistema hai meses para eliminar a necesidade de utilizar un dispositivo.

Desta forma, o sistema agora utiliza simplemente unha cámara e capta o movemento da persoa signante. Este cambio supuxo un esforzo extra para a compañía que practicamente tivo que empezar de cero, pero multiplica a utilidade do sistema e a comodidade de uso.

Agora, Showleap está xa preto de concluír o desenvolvemento do seu produto que no mes de maio comezará as probas en contorna real xunto ao Concello de Madrid.

O sistema utiliza unha base de datos con máis de 30.000 mostras de persoas signando e a última parte do desenvolvemento está a centrarse en aplicar a intelixencia artificial para converter eses signos en frases con sentido, e non só unha tradución de palabras soltas.

No futuro, o sistema permitirá que calquera persoa coa cámara do seu teléfono móbil poida captar os movemento dunha persoa signante e recibir en tempo real unha tradución, facilitando enormemente a comunicación das persoas con discapacidade auditiva a través da tecnoloxía.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal