Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Os 5 grandes retos das TIC no cambio social


  • O uso axeitado e apropiado das TIC, pode axudar a mellorar a calidade de vida das persoas e facilitarlles a inclusión social

  • Os retos están para ser superados.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/05/13 (12:50)

O papel das TIC está ligado intimamente ao noso ámbito social; a nova era bautizada como "era da información", así testemúñao. Os novos servizos tecnolóxicos e o seu uso, crecen avalados por cifras e gráficos que elevan o optimismo das compañías dedicadas ao sector das Telecomunicacións ou das TIC, a marchas axigantadas.


Por outro lado, o papel das TIC empeza a despuntar como unha ferramenta nada desdeñable para o cambio social, por que?, porque a información e o uso da información nunha era bautizada co seu mesmo nome, implica de forma directa autonomía, desenvolvemento, coñecemento, e en xeral, dar acceso e posibilitar a superación de segundo que necesidades individuais e/ou barreiras. Por ende, a desvinculación ou falta de acceso a solucións baseadas no uso apropiado ou adecuado das TICs, empeza a converterse en sinónimo de exclusión social. 


O uso axeitado e apropiado das TIC, pode axudar a mellorar a calidade de vida das persoas e facilitarlles a inclusión social? Existen múltiples proxectos que así o testemuñan. En España existen iniciativas que tratan de promover o cambio social a través de uso axeitado e apropiado das TIC en diferentes áreas: Saúde, educación, redución da brecha dixital, entre outros. A fundación sen ánimo de lucro EHAS, por exemplo, dá a posibilidade de comunicación a través de voz e datos, a postos e centros de saúde rural, en zonas illadas de América Latina, posibilitando a comunicación entre técnicos de saúde e engadindo servizos adicionais de telemedicina sobre redes inarámicas de longa distancia. Así mesmo, o sector privado tamén involúcrase para propiciar solucións adaptadas ás necesidades dos usuarios. Empresas españolas como BJ Adaptaciones, produce e distribúe tecnoloxía (entre ela tecnoloxía da Información e Comunicación) de soporte á autonomía de persoas con minusvalidez, o que se fai chamar axudas técnicas ou produtos de apoio. Dentro do sector público, os departamentos ou centros de investigación das universidades tamén se suman paulatinamente a este fenómeno. O proxecto ACCEGAL, por poñer un exemplo, conseguiu a través de proxectos final de carreira desenvolvidos entre o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón e o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo), crear solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles. E isto son só uns poucos exemplos.


Que buscan todos estes proxectos?, en realidade todos estes proxectos buscan a través do uso apropiado e axeitados das TIC, solucionar ou dar unha solución a unha problemática social. Buscan o "benestar global", atendendo ás necesidades de todas as persoas que compoñen e forman o ecosistema ou armazón social atendendo á base de "economía do ben común": Unha economía que nos beneficie a todos, e da que todos poidamos tomar parte. 


Partindo do feito, de que queremos un sistema social equilibrado e máis xusto, e que o uso axeitado e apropiado das TICs pode axudarnos a conseguilo, Cales son polo tanto os grandes retos a superar?



  • Reto número 1: "Se a lexislación e a industria queren, poden"

  • Reto número 2: "Pregunta ao usuario"

  • Reto número 4: "Difundir os nosos proxectos"

  • Reto número 3: "Buscar os recursos"

  • Reto número 5: "Agora necesítote, agora úsote"

Para rematar, non esquecer que ligado á sostibilidade das solucións xorden aspectos importantes a ter en conta como: a importancia de desenvolver solucións a "prezos do mercado" (o que habitualmente se fai chamar "baixo custo") e relacionado con isto ter sempre no punto de mira as tecnoloxías que xa existen e con alto índice de penetración, para facilitar a adaptabilidade, tanto dos usuarios coma da tecnoloxía e non reinventar a roda. A ubicuidade e accesibilidade en termos de "agora necesítote, agora te uso" é importante para o usuario que espera valerse das TIC para cubrir unha necesidade, e neste sentido a tecnoloxía ligada a dispositivos móbiles empeza a perfilarse como o futuro-presente, das TIC para o cambio social.


Que queda moito por facer, non cabe ningunha dúbida. Pero os retos están para ser superados.


Para acceder á noticia completa, pica aquí.. 

Tema: Xeral
Fonte: TIC social blog
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal