Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo iMit

A Xunta facilita o acceso das persoas xordas á administración través do servizo de videointerpretación


  • A Axencia para Modernización Tecnolóxica achega este ano 64.000 euros á Federación de Persoas Xordas de Galicia para o mantemento do servizo

  • Está dispoñible de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol e a través do portal corporativo

  • O sistema emprega a plataforma tecnolóxica Bildtec que foi deseñada e desenvolvida por unha empresa galega en colaboración coa FAXPG e está adaptada ao 100% ao colectivo

 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/05/13 (10:55)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica Galicia (Amtega) destina este ano 64.0000 euros ao servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol e a través do portal corporativo. Así se recolle nun convenio asinado recentemente entre a Amtega e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).


Esta iniciativa, que se puxo en marcha no ano 2011, permite acceder á mesma información que se facilita a través do teléfono 012. O pasado ano mellorouse o servizo coa implantación do sistema BildTEC, deseñado pola empresa galega Scio Soft en colaboración coa FAXPG, está adaptado ao 100% ao colectivo, de forma que o interface é táctil e todas as mensaxes aparecen en texto e en lingua de signos.


Este sistema facilita as conversa tres, é dicir tanto a persoa xorda, como o interprete e o funcionario estanse a ver en tempo real, e permite outras utilidades como que o funcionario poida ensinar á súa cámara un determinado documento de forma que o interprete comprenda e transmita á persoa xorda as indicacións pertinentes.


Ademais, o sistema conta cunha calidade de imaxe e acorde cos últimos avances en codificación de vídeo e audio sobre internet.


Galicia foi a segunda Comunidade Autónoma en o servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas con algunha discapacidade auditiva. É unha iniciativa que está a desenvolver a Confederación Estatal de Personas Sordas (á que está asociada a FAXPG) En Galicia o servizo púxose en marcha en 2011 grazas a colaboración entre a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.


Acceso presencial e vía web
A través deste dispositivo as persoas con algunha discapacidade auditiva que acudan ao rexistro xeral de San Caetano ou aos rexistros das delegacións territoriais da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol poden poñerse en contacto co servizo de videointerpretación da FAXPG desde onde se facilita a interpretación da lingua oral a lingua de signos entre o empregado do Rexistro e a persoa xorda.


Ademais, as persoas xordas poden empregar a videointerpretación a través da web da Xunta. Neste caso o usuario precisa dun ordenador con webcam co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha liña paralela, o videointérprete contactará co destinatario e lle indicará que se vai a establecer a comunicación. A partir dese momento o videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, permitindo así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.


Plan de Acción para Persoas con Discapacidade
O sistema de videointerpretación para as persoas con discapacidade auditiva é unha das achegas da Amtega ao Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade de Galicia 2010-2013 que está a desenvolver a Consellería de Traballo e Benestar e que recolle apartados específicos para que as persoas con discapacidade sensorial poidan mellorar o seu desenvolvemento persoal e acceder a novas prestacións e servizos que faciliten a súa plena inclusión.


Beneficiarios
En Galicia hai máis de 84.000 persoas con algunha discapacidade auditiva que se poden beneficiarse desta iniciativa. Segundo datos facilitados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), o número total de persoas residentes en fogares galegos que declaran ter algunha discapacidade ascende a 292.900, o que supón un 11,3% da poboación galega.


2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a estratexia global da Xunta de Galicia en materia tecnolóxica, define unha liña estratéxica de “Cidadanía Dixital” coa finalidade de consolidar unha comunidade galega competente tecnolóxicamente que poida acceder de xeito igualitario aos contidos e servizos dixitais.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal