Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Google presentou un par de novas aplicacións para Android: Live Transcribe e Amplificador de son.

Google presenta novas aplicacións para superar as eivas auditivas

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 05/02/19 (09:32)

A perda da audición é un problema que afecta a unha boa parte da poboación mundial, pero a tecnoloxía pode xogar un rol moi importante para salvar tal eiva, e para avanzar neste eido Google presentou un par de novas aplicacións para Android: Live Transcribe e Amplificador de son.

Live Transcribe é unha aplicación moi práctica para xente con problemas de audición, para ter unha maior autonomía nas súas interacción diarias facendo uso do micrófono do smartphone para escoitar o que se di ao seu redor en máis de 70 linguas e dialectos, transcribíndoo a texto en tempo real. Amais, está aplicación tamén fai o contrario, ou sexa, que permite que unha persoa poida teclear o que quere dicir para que o smartphone fale por el. Esta nova ferramenta comeza hoxe a súa distribución en probas.

Amplificador de son é outra ferramenta de grande utilidade, que permite mellorar o son recibido polo micrófono do smartphone para así escoitalo mediante auriculares, conseguindo unha experiencia de escoita mellor. Esta ferramenta facilita manter conversas en lugares con moito ruído potenciando os sons baixos, personaliza a experiencia auditiva axustando o audio ou a configuración do micrófono cunha interface sinxela e reduce os ruídos non desexados ou que poden provocar distraccións.

O programa intégrase en Android 9, de xeito que podemos empregalo dende Configuración -> Accesibilidade -> Amplificador de son.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal