Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Un home maior con discapacidade visual utiliza un teléfono móbil.

Un convenio para impulsar a tecnoloxía en persoas con discapacidade visual

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 24/01/19 (09:18)
  • A ONCE e a Fundación Cibervoluntarios asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de propiciar o acceso á tecnoloxía de persoas con discapacidade visual a través de proxectos de inclusión sociodixital.

En base a este acordo, as dúas entidades colaborarán para deseñar actividades, programas e accións para impulsar o uso da tecnoloxía por parte de persoas cegas ou con discapacidade visual grave.

Estes programas centraranse especialmente no acceso á tecnoloxía das persoas maiores que teñen unha discapacidade visual, que son quen máis dificultades atopan á hora de utilizar estas ferramentas.

A primeira actividade que realizarán de forma conxunta Cibervoluntarios e a ONCE será unha experiencia piloto na delegación territorial da ONCE en Madrid que incluirá talleres sobre o uso de aplicacións básicas.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal