Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Rack de servidores.

Dinahosting achega mercadiño de servidores

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 08/01/19 (10:18)

Dinahosting, a empresa compostelá especializada en dominios de Internet e servizos de hospedaxe web, comezou 2019 botando un cable a quen queira experimentar con tecnoloxías específicas para o aloxamento, ou sexa, a quen queira tirar proveito dun servidor de seu para facer probas ou ben como materia prima da que extraer pezas. Para estes profesionais e/ou usuarios, Dinahosting achégalles en réxime de compra un pequeno mercadiño cunha serie de servidores descatalogados

Neste intre a empresa de Santiago ten dous tipos de aparellos dispoñibles para os usuarios. Por unha banda o Servidor Power Edge 860 por 100€ e, pola outra, o Servidor R200 por 200€. Segundo explica Dinahosting, as unidades son limitadas e, no caso de interesarnos cómpre bulir, sobre todo porque aos prezos nos que se ofrecen as existencias remataranse axiña. Para quen poida interesar, a empresa achega na súa web información sobre as características técnicas dos devanditos aparellos. 

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal