Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cartel da iniciativa.

Aberta a convocatoria para a 3ª Edición do programa #BValueTransforma

Versión para impresiónSend by email
Barcelona, 14/12/18 (10:34)

Tras o éxito das edicións anteriores onde apoiamos 80 entidades, das cales 20 foron finalistas e onde se repartiron máis de 320k en axudas e premios pro bono, Ship2B e a Fundación Banco Sabadell xunto coa Fundación Juan Entrecanales de AzcárateAFTERSHARE.TV e a Fundación PwC, lanzamos a 3ª edición de B-Value.

O programa, dirixido a entidades sociais sen ánimo de lucro que queiran ir cara a modelos de profesionalización e sustentabilidade, terá a convocatoria aberta ata o 27 de xaneiro de 2019 cando o comité de selección, composto por representantes das entidades impulsoras do programa, fará unha primeira selección de 40 entidades. Estas participarán na primeira fase "formación e conceptualización", onde concretarán a súa proposta a través dunha plataforma online de formación sobre innovación social, metodoloxía para o desenvolvemento e análise dos seus proxectos, webinars con expertos e workshops con profesionais expertos en distintas temáticas.

Para a segunda fase "desenvolvemento", o comité seleccionará ás 10 entidades finalistas para contrastar o seu proxecto con mentores, expertos e posibles colaboradores, así como traballar aspectos específicos. Ademais, participarán en workshops de traballo con profesionais de distintas áreas (finanzas, comunicación, estratexia de negocio) que os axudarán a seguir optimizando a súa proposta.

A finais de 2019, as entidades finalistas presentarán os seus proxectos no Demo Day, un evento público no que se presentarán os resultados do programa e entregaranse públicamente os premios e axudas de B-Value. Como novidade desta edición, os proxectos premiados contarán cun consello asesor, formado por mentores e expertos, co fin de seguir apoiando aos equipos finalistas tralo seu paso polo programa.

 

Programa B-Value

Un total de 80 entidades participaron nas dúas edicións de B-Value, programa de transformación, dirixido a entidades sen ánimo de lucro que queiran ir cara a modelos de profesionalización e sustentabilidade, impulsado por Ship2B e a Fundación Banco Sabadell xunto coa Fundación Juan Entrecanales de Azcárate, AFTERSHARE.TV e Fundación PwC.

Algunhas das entidades finalistas das dúas primeiras edicións do programa son Fundación CapacisVideoxogos Sen FronteirasMúsica en Vea ou GUDWUD.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Ship2B
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal