Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
APP de Cibervoluntarios.

Xa te podes descargar a APP de Cibervoluntarios

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 14/12/18 (10:45)

Queres cambiar a realidade de moitas persoas que non teñen acceso ás Novas Tecnoloxías? Cun pouco do teu tempo e coñecemento en TIC podes crear impacto social e chegar a moitos colectivos que están en risco de exclusión. Nace a nova App de Cibervoluntarios, unha ferramenta única para todas as persoas que fagan cibervoluntariado connosco. Desde a Fundación Cibervoluntarios queremos facer posible que todas as persoas teñan, por igual, a oportunidade de acceder, coñecer e utilizar ferramentas e servizos tecnolóxicos por un futuro máis inclusivo, aberto e participativo.

Agora poñémoscho aínda máis fácil coa nova APP de Cibervoluntarios, unha ferramenta para que poidas participar en todas as actividades de empoderamento cidadán que che ofrecemos. Lanzamos a versión 1.2 da APP que nun futuro irá crecendo para converterse na gran ferramenta do voluntariado tecnolóxico.

Descarga aquí a nova app de cibervoluntarios e comeza a crear impacto.

Que che ofrecemos nesta APP?

  • Unha forma sinxela e atractiva de que esteas ao tanto de todo o que sucede na Organización desde o teu móbil
  • Podes darte de alta como Novo cibervoluntario ou cibervoluntaria e comezar a realizar actividades connosco
  • Se xa realizas accións connosco terás acceso desde o teu móbil a todas as accións que levamos a cabo preto da túa zona e elixir na que che interesa participar.
  • Poderás apuntarte a todas as misións que queiras

Aos poucos iremos engadindo actualizacións para que tamén se poidan dar de alta organizacións de base social, e asociacións que queiran recibir formación TIC. Nun futuro tamén poderás comunicarte cos teus compañeiros e compañeiras Cibers e crear as túas propias misións de voluntariado tecnolóxico para axudar a máis xente a coñecer como se usan as TIC. Descárgaa e comeza a crear impacto.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Cibervoluntarios
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal