Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Expertclick.

Nace Expertclick, a escola tecnolóxica para maiores

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 13/12/18 (10:29)

Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB, da Asociación Española de Banca (AEB), poñen en marcha "Expertclick"un programa de formación no uso de novas tecnoloxías para maiores de 55 anos residentes en zonas rurais. 

Na primeira fase do plan formarase a 200 persoas do ámbito rural a través de 25 programas que constan dun total de 50 talleres, nos que se fará fincapé no uso de dispositivos móbiles. En 2019, o plan prolongarase para estender a formación a maiores de toda España.

Este proxecto, que responde á análise do acceso, os usos e as demandas das persoas maiores na rede, persegue capacitar a este colectivo en habilidades dixitais para que naveguen con seguridade e confianza por Internet e poidan realizar operacións cotiás, especialmente as relacionadas coa sanidade, as administracións e a banca online. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), o aumento no consumo de tecnoloxía entre os maiores de 65 anos vén da man das tabletas. Só un 13,2% dos maiores contaba cun destes dispositivos en 2015, proporción que se eleva ao 42% en 2016. Este segmento de idade xa se atopa por encima da media no uso de tabletas para operacións coas administracións e os bancos. 

"Os maiores de 55 anos deben ser un axente clave para o desenvolvemento da sociedade na nova era dixital e queremos contribuír a que despreguen o seu potencial a través deste tipo de formacións. Así aumentaremos a súa participación social online en beneficio de toda a sociedade", indicou a presidenta da Fundación Cibervoluntarios, Yolanda Rueda.

"O noso fin é achegar ás persoas maiores as ferramentas necesarias para que poidan aproveitar plenamente as vantaxes que as novas tecnoloxías brindan para aumentar a súa calidade de vida", asegurou o portavoz da AEB, José Luis Martínez.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Cibervoluntarios
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal