A semana pasada Telefónica presentaba a aplicación, xa que os estudantes creadores da ferramenta forman parte da iniciativa LABs do programa Talentum da operadora. Nos inicios do proxecto, a solución estaba pensada para as persoas con discapacidade auditiva, para que se puidesen desenvolver con soltura no ámbito académico, permitindo, a través da tecnoloxía, que profesores e alumnado estivesen conectados.
Pero o proxecto foi evolucionando ata o que é hoxe. Unha ferramenta que subtitula en tempo real un discurso e faino tanto en texto, para ser lido por persoas con problemas de audición, como en braille, para persoas con discapacidade visual.
Como pode utilizarse a aplicación "Breaking Barriers"
Segundo explica Telefónica, o uso da aplicación é sinxelo e pódese utilizar de dúas formas. Mediante unha rede wifi, a persoa cuxo discurso vai ser subtitulado conéctase á aplicación co rol de instrutor. Tras iniciarse a sesión créase unha sala privada cun contrasinal alfanumérico que se compartirá coas persoas que vaian escoitar a clase utilizando o rol de asistente. Neste caso só pode haber un rol instrutor, pero pode haber varios asistentes. Para selo, só é necesario conectarse á mesma sesión.
A segunda posibilidade é utilizalo de modo individual, cando o usuario teña a necesidade de mellorar a comunicación coa súa contorna. Desta forma, pódese usar a aplicación no día a día, podendo a persoa que o utiliza responder utilizando o teclado da súa propia pantalla ou desde a liña braille, segundo a súa elección.
"Breaking Barriers" é unha aplicación gratuíta que está dispoñible para a súa descarga en dispositivos móbiles tanto de Android como iOS.
Rexístrate como: