Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación dos premios.

A Fundación ONCE convoca a V edición dos Premios Discapnet ás tecnoloxías accesibles

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 05/12/18 (09:07)

A Fundación ONCE convocou a V edición dos Premios Discapnet ás Tecnoloxías Accesibles, uns galardóns que recoñecen as mellores iniciativas e accións no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, así como ás empresas, entidades ou organizacións que desenvolvesen un labor continuado no campo da accesibilidade tecnolóxica.

Na súa V edición, os premios introducen por primeira vez unha dotación económica para os traballos galardoados en todas as categorías e tratan de fomentar, ademais, a participación de candidaturas procedentes de países non hispanofalantes.

 

Categorías

Como na edición anterior, os galardóns estrutúranse en tres categorías: a primeira delas, a A, premiará ao mellor produto ou servizo baseado en tecnoloxías para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade que xa estea dispoñible.

Na categoría B, o galardón será para a persoa, empresa, entidade ou organización que máis destacase pola súa traxectoria continuada en materia de mellora da accesibilidade á tecnoloxía.

Finalmente, o apartado C recoñecerá ao mellor proxecto de emprendemento con impacto social para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través das TIC.

Os interesados en presentar os traballos poden facelo ata o 15 de marzo de 2019 cubrindo o formulario correspondente á categoría á que concorran, dispoñible na seguinte dirección web dos Premios Discapnet.

Ademais, todas as candidaturas deberán achegar un resumo do proxecto en español e en inglés. En canto á dotación dos premios, este ano será por primeira vez económica en todas as categorías.

Desta forma, os galardoados nos apartados A e B recibirán 5.000 euros, mentres que o traballo premiado no C contará con 20.000 euros.

Neste último caso, o diñeiro haberá de destinarse integramente ao desenvolvemento do proxecto galardoado.

Así mesmo, a cada persoa ou entidade premiada entregaráselle unha obra orixinal "dun prestixioso artista con discapacidade" designado pola Fundación ONCE.

 

Bases

As bases completas daIV edición dos Premios Discapnet poden consultarse no seguinte http://premios.discapnet.es/.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal