Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Robot "PACA" (Asistente Cognitivo Persoal e Accesible).

O Grupo Social ONCE demostra en Bruxelas como a tecnoloxía fai máis fácil a vida das persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Bruselas, 03/12/18 (13:46)
  • Durante a Conferencia do Día Europeo da Discapacidade 

 

O Grupo Social ONCE demostrará en Bruxelas, durante a Conferencia do Día Europeo da Discapacidade 2018, como a tecnoloxía máis nova pode axudar ás persoas con discapacidade no seu día a día. Farao a través do robot "PACA" (Asistente Cognitivo Persoal e Accesible), un proxecto da Fundación ONCE desenvolvido por ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade.
 
Durante os días 3 e 4 de decembro, "PACA" explicará de forma amigable e accesible a todos aqueles que lle pregunten que é a Fundación ONCE e cal é o traballo que realiza en favor das persoas con discapacidade. 
 
Quenes se dirixan a "PACA" poderán preguntarlle oralmente ou ben introducindo un texto na pantalla. O robot responderalles usando ámbalas dúas canles, o que permitirá que calquera persoa, independentemente das súas necesidades e preferencias, poida obter información. Este robot ten a capacidade de interactuar con persoas a través da voz, texto e imaxes e ofrece información de maneira accesible para persoas xordas, cegas, con discapacidade visual, intelectual, e tamén para persoas maiores.
 
Así mesmo, "PACA" utiliza intelixencia artificial para axudar ás persoas con discapacidade en varios escenarios, xa sexa nunha viaxe, no traballo ou nun hospital. No futuro, "PACA" poderá guiar á xente para ir dun lugar a outro, e axudala na realización de tarefas diarias.
 
A demostración de "PACA" enmárcase na conferencia anual sobre o Día Europeo das Persoas con Discapacidade que se celebra hoxe e mañá, 3 e 4 de decembro, en Bruxelas, organizada pola Comisión Europea en asociación co Foro Europeo da Discapacidade. 
 
Este evento ten o obxectivo de promover a inclusión das persoas con discapacidade, concienciar sobre os retos cotiáns aos que se enfrontan e mellorar as políticas respecto diso.
Tema: Xeral
Fonte: Fundación ONCE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal