Un grupo de mozos uruguaios inventou unha luva electrónica para traducir a linguaxe de sinais a palabras, que serve para comunicarse con xordos.
A luva, electrónica e inarámica, é capaz de captar os sinais da linguaxe de xordos e rexistralas nunha consola, de xeito de que calquera pode entendelas e comunicarse directamente. Conta cun recoñecedor de voz, polo cal as palabras son traducidas á linguaxe de xordos. Así mesmo, é recargable e ten unha duración de polo menos oito horas.
De acordo cun dos novos inventores, a luva "recoñece o movemento e a posición da man, transmíteo á consola, onde ese movemento é recoñecido e traducido a unha palabra ou frase. Á inversa, ao verbalizar unha palabra, esta é convertida na pantalla na imaxe do sinal correspondente.
Ademais, o mecanismo permite innovar nas dúas mil sinais básicos convencionais que existen, para incorporar novas aplicacións e ata sinais personalizados.
Rexístrate como: