Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Os robots e videoxogos teñen un gran valor para a educación diabetológica. / UPV

Videoxogos e robots para ensinar a xestionar a diabetes

Versión para impresiónSend by email
Valencia, 16/11/18 (10:16)
  • Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia presentaron videoxogos e robots Lego para que os nenos e nenas aprendan de forma amena os conceptos básicos sobre a xestión da diabetes.
  • Tamén desenvolven unha app que automatizará a infusión de insulina e a supervisión dos pacientes.

 

Un equipo de investigadores de Tecnodiabetes, o Grupo de Páncreas Artificial e Tecnoloxías para a Diabetes do Instituto ai2 da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) presentou novos videoxogos e robots para ensinar aos nenos os conceptos básicos sobre a xestión da diabetes dunha forma amena e divertida. 

No videoxogo, a traxectoria do avión ensínalles aos nenos que hábitos deben seguir e o que ocorre se non seguen as recomendacións pautadas. Na parte de robótica, os investigadores programaron un robot Lego, en forma dun pequeno can con diabetes, que reacciona igualmente dun modo ou outro en función dos seus niveis de glucemia, doses de insulina inxectadas, etc.

"A través de ferramentas como a robótica ou os videoxogos, abordamos aspectos clave na educación diabetolóxica como a comprensión da glucorregulación e o papel da insulina na mesma, a dosificación de insulina nas comidas e a xestión da terapia durante o exercicio", destaca José Luís Dez.

 

App páncreas artificial

Ademais dos seus traballos para a educación dos máis pequenos, o grupo Tecnodiabetes-ai2 traballa tamén nunha nova app, en fase de validación clínica, cuxo obxectivo final é a infusión automática de insulina para conseguir a normoglucemia, así como a supervisión tamén automática dos pacientes.

Este traballo desenvólvese no marco do Consorcio Español de Páncreas Artificial e Tecnoloxías para a Diabetes, no que, ademais da UPV, participan a Universidade de Xirona, o Hospital Clínic de Barcelona, o Hospital Clínico Universitario de Valencia, e o Hospital Francesc de Borja de Gandía. Todos eles membros do CIBERDEM, dependente do Instituto de Saúde Carlos III.

"É a primeira vez que avaliamos clinicamente o sistema de páncreas artificial sobre Android no que estamos a traballar, xa que os estudos clínicos previos dos algoritmos que integra realizáronse en plataformas experimentais sobre PC. Ademais, incorporáronse novas funcionalidades, como a recomendación automática de carbohidratos para mitigar a hipoglucemia, especialmente ante exercicio", apunta Jorge Bondia, director do grupo Tecnodiabetes-ai2.

A validación clínica está a levarse a cabo no Hospital Clínic de Barcelona. Os investigadores están a probar en 10 pacientes adultos como funciona o sistema ante unha situación de exercicio en bicicleta durante 55 minutos.

"O desenvolvemento deste sistema Android fainos formar parte dos poucos grupos que teñen un dispositivo propio que lles permite probar o sistema de control dunha maneira cómoda e, o máis importante, sacalo do hospital, que é a clave de todo", apunta Bondia.

Para os estudos que están a realizar os investigadores na actualidade aínda é necesario que o paciente estea metido no hospital cos médicos, enfermeiras e enxeñeiros ao seu ao redor. Pero o sistema que desenvolveron desde o Instituto ai2 da UPV vai permitir que este proxecto finalice cun estudo domiciliario, "un traballo experimental no que o paciente se poida marchar á súa casa e faga vida normal, un paso que nunca se deu en España e ao que só poucos grupos internacionais tiveron acceso, o que situaría a España na primeira liña da investigación en páncreas artificial", destaca Bondia.

 

Xornada de Portas Abertas

No marco do Día Mundial da Diabetes "que se celebrou este mércores", o sábado 17 de novembro o grupo Tecnodiabetes-ai2 organizou unha Xornada de Puertas Abertas na que os interesados poderán coñecer estas liñas de traballo en páncreas artificial e tecnoloxías para a educación diabetolóxica, con demostracións en directo dos diferentes desenvolvementos en marcha.

Ademais, presentarán a súa iniciativa de ciencia cidadá, coa que queren animar aos interesados a acompañalos no seu traballo. "Organizamos a xornada de Portas Abertas para o vindeiro sábado, pero en realidade o noso laboratorio está aberto sempre para todos aqueles pacientes que queiran colaborar connosco. Porque estamos convencidos de que todos podemos achegar á investigación, desenvolvemento e innovación en tecnoloxías para a diabetes, e moi especialmente os pacientes", conclúe Bondia.

Tema: Xeral
Fonte: Agencia Sinc
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal