Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación da plataforma colaborativa Mapcesible no Espazo Fundación Telefónica.

Nace a plataforma colaborativa Mapcesible para rexistrar e consultar os puntos accesibles de España desde o móbil

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 15/11/18 (10:41)

Calquera persoa con mobilidade reducida, con carriños de bebé ou, sen problemas de mobilidade pero interesada en axudar a outras persoas, pode mapear a accesibilidade dos lugares que visita a través da plataforma colaborativa Mapcesible e a súa aplicación móbil, que acaba de presentar a Fundación Telefónica.

Baixo o lema "Fai visible o accesible", esta plataforma nace para facer posible, a través da participación cidadá, que calquera persoa poida consultar os puntos accesibles en España, algo que pode facilitar a vida a moitas persoas con problemas de mobilidade ou con idade avanzada, entre outras circunstancias.

 

Xa están rexistrados máis de 19.000 puntos accesibles

Ofrece información de puntos accesibles incluíndo cinemas, teatros, restaurantes, aloxamentos, ou espazos públicos como praias, prazas de parking, ou polideportivos. Ademais dos lugares subidos polos propios usuarios da App, incorporáronse bases de datos de organismos oficiais como o Ministerio de Agricultura e Medio e Concellos, utilizando diferentes tecnoloxías como big data, intelixencia artificial ou xeolocalización. Actualmente a plataforma conta con máis de 19.000 puntos accesibles rexistrados e máis de 20.000 avaliacións realizadas.

A plataforma foi presentada este mércores nun acto que contou coa nadadora paralímpica Teresa Perales e o director xeral da Fundación Telefónica José María Sanz-Margallón, xunto ao presidente de Cocemfe, Anxo Queiruga, Carolina García Delgado, da Fundación Telefónica, e o inspirador da App, Willy Ruiz.

 

Voluntarios

Segundo explicou a Fundación Telefónica, foi o grupo Voluntarios Telefónica o que identificou o problema a través de Willy Ruiz e o Centro Lescer, onde se estaban realizando talleres de rehabilitación para persoas que perderan mobilidade por diversas enfermidades. Alí mostráronlles a semente da App. A partir de aí foron máis de 700 os voluntarios Telefónica os que quixeron sumarse ao reto e mapear, durante as súas vacacións e tempo libre, a accesibilidade de diferentes lugares de España.

Mapcesible está aberto a toda a sociedade, permitindo así que calquera persoa se converta en voluntario dixital e poida colaborar coa accesibilidade mapeando novos lugares, logrando sensibilizar á sociedade de que a accesibilidade é cousa de todos.

Os usuarios terán que rexistrarse co seu email e responder a unha serie de preguntas sinxelas que permitirán definir dunha maneira rápida cómo de accesible é un lugar, valorando así de maneira colaborativa a accesibilidade de calquera lugar de España. Mapcesible xa está dispoñible en dispositivos móbiles para as dúas grandes plataformas máis estendidas (iOS e Android) e vía web desde calquera dispositivo.

Tema: Xeral
Fonte: esmartcity.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal