Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Varios nenos utilizan distintos dispositivos tecnolóxicos na aula.

A tecnoloxía, un reto para a inclusión dos universitarios con discapacidade

Microsoft presentou en SIMO Educación as súas propostas de accesibilidade para lograr aulas máis accesibles e inclusivas para os nenos con discapacidade a través dunha serie de ferramentas pensadas para axudar tanto aos estudantes como aos docentes.

Versión para impresiónSend by email
Madrid, 15/11/18 (10:59)

Nestas ferramentas hai axudas tanto para a detección temperá de dificultades de aprendizaxe, como para facilitar a comunicación e a actividade dos nenos na aula.

Así, grazas á plataforma cloud Microsoft Azure e o software de detección temperá de DIDE, a comunidade docente e os gabinetes de psicólogos e orientadores teñen acceso a estas ferramentas que permiten detectar con antelación ata 35 necesidades especiais.

Outra serie de ferramentas encádranse dentro das Learning Tools, un compendio de tecnoloxías que Microsoft ofrece de forma gratuíta a docentes e estudantes para mellorar a accesibilidade e axudar aos alumnos con dificultades na aprendizaxe.

Por exemplo, dentro destas Learning Tools inclúese o lector inmersivo, que le en voz alta e axuda á comprensión de textos, pensado en especial para nenos con dislexia.

Microsoft tamén desenvolveu Windows Stream, para mellorar a accesibilidade de vídeos con transcrición a texto en tempo real, ou Presentation Translator, que agrega subtítulos ás presentacións de Power Point.

No fondo, o obxectivo de Microsoft é poder ofrecer aos centros educativos e aos docentes e especialistas as ferramentas necesarias para facilitar a aprendizaxe de todos os alumnos.

Tema: Xeral
Fonte: Tecnobility
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal