A Comisión Europea recoñeceu o fantástico traballo de Mouse4all co premio "?Impact Prize 2018", que destaca o proxecto de tecnoloxía dirixida a todas as persoas que logrou un maior impacto ao longo do último ano.
Mouse4all é unha ferramenta que permite a persoas con discapacidade física utilizar móbiles e tabletas con sistema operativo Andorid mediante produtos de apoio, como unha panca ou un pulsador.
O premio "Impact Prize" elíxese entre os proxectos seleccionados un ano antes na competición Equally Rebooted, destacando aquel que tivo un maior impacto nos 12 meses seguintes.
Nesta edición, o gañador foi Mouse4all, un proxecto desenvolvido por enxeñeiros españois, do que o xurado subliñou o seu claro enfoque cara ao usuario e o éxito da compañía na procura de sinerxias con outras empresas e institucións.
Rexístrate como: