Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo Voluntariado Galego

Aberto o prazo de inscrición do curso en liña 'A Xestión do voluntariado por parte da entidade. Innovando nas entidades de voluntariado'

 



  • O curso desenvolverase do 4 de xuño ao 4 de xullo.

  • Vai destinado preferentemente ao persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/05/13 (10:01)

Xa está aberto o prazo de inscrición dun novo curso en liña "A Xestión do voluntariado por parte da entidade. Innovando nas entidades de voluntariado 2013".


Esta acción formativa, que terá unha duración de 20 horas, vai destinada preferentemente ao persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia e impartirase a través da Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego do 4 de xuño ao 4 de xullo.


As persoas interesadas poden inscribirse ata o 30 de maio a través da web de Voluntariado Galego cumprimentando un formulario.


Os contidos do curso detállanse a continuación:


Módulo I: Para que a innovación? Introdución desde a xestión de voluntariado:
   - Que se pide hoxe á xestión do voluntariado desde as entidades?
   - Modelo de referencia na xestión de voluntariado
Módulo II: Por que a innovación? Introdución en perspectiva estratéxica
   - Importancia da perspectiva estratéxica para as entidades
   - Importancia da innovación como estratexia
Módulo III: En que a innovación? Algunhas "píldoras" de referencia
   - No que toca ao perfil do voluntariado:
- Tendencias a ter en conta desde as entidades
- Algunhas estratexias de resposta
   - No que toca ao campo de acción do voluntariado:
- Tendencias a ter en conta desde as entidades
- Algunhas estratexias de resposta
   - No que toca ás ferramentas para a xestión do voluntariado:
- Referentes a ter en conta desde as entidades
- Algúns exemplos

Tema: Xeral
Fonte: Voluntariado Galego
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal