Terá ascensor o museo?, contarán con baño adaptado no restaurante?, haberá rampla de acceso á praia? estas e outras moitas preguntas son as que se cuestionan miles de persoas cada día antes de saír de casa. Ante esta realidade nace Mapcesible, a App colaborativa de accesibilidade impulsada pola Fundación Telefónica que conta co apoio de COCEMFE. O 14 de novembro presentámola no Espazo Fundación Telefónica.
Baixo o lema Fai visible o accesible, Mapcesible nace co obxectivo de ser unha plataforma colaborativa onde calquera persoa, teña ou non mobilidade reducida, poida mapear a accesibilidade dos lugares que visita ou consultar as valoracións para planificar os seus desprazamentos diarios. Deste xeito é posible localizar a golpe de vista os puntos accesibles en España facilitando, grazas á tecnoloxía, o día a día das persoas con mobilidade reducida.
Esta plataforma colaborativa ofrece información de puntos accesibles incluíndo cinemas, teatros, restaurantes, aloxamentos, ou espazos públicos como praias, prazas de parking, ou polideportivos. Ademais dos lugares subidos polos propios usuarios da App, incorporáronse bases de datos de organismos oficiais como o Ministerio de Agricultura e Medio e Concellos, utilizando diferentes tecnoloxías como big data, intelixencia artificial ou xeolocalización para o beneficio da sociedade.
Conscientes de que a accesibilidade é un problema de todos, Voluntarios Telefónica identificou un problema onde a tecnoloxía podía ter un papel clave. Foi a través de Willy e o Centro Lester, onde se estaban realizando talleres de rehabilitación para persoas que perderan mobilidade por diversas enfermidades. Alí mostráronlles a semente da App e rapidamente uniron forzas para xuntos crear algo grande, Mapcesible.
A partir de aí foron máis de 700 os voluntarios Telefónica os que quixeron sumarse ao reto e mapear, durante as súas vacacións e tempo libre, a accesibilidade de diferentes lugares do noso país.
Outra das claves de Mapcesible é que está aberto a toda a sociedade, permitindo así que calquera persoa se converta en voluntario dixital e poida colaborar coa accesibilidade mapeando novos lugares.
Os usuarios terán que rexistrarse co seu email e responder a unha serie de preguntas sinxelas que permitirán mostrar dunha maneira rápida como de accesible é un lugar, valorando así de maneira colaborativa a accesibilidade de calquera lugar de España.
Mapcesible xa está dispoñible en dispositivos móbiles para as dúas grandes plataformas máis estendidas (iOS e Android) e vía web desde calquera dispositivo.
Colabora mapeando a accesibilidade dos lugares que visites por toda España e axuda a miles de persoas con mobilidade reducida. Clic a clic, entre todos podemos facer a súa vida máis fácil.
Rexístrate como: